Tono Carbajo. Enfrentarse ao naufraxio

Vivimos inmersos nun naufraxio, á deriva, frotando sobre táboas nas que tememos confiar. Resistimos contendo a respiración, esperando un rescate no que apenas cremos.

Por ediSCQ - Ana Chouciño | Edinburgo | 18/09/2014

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

Tono Carbajo logra narrar a incerteza que nos tocou vivir, a incredulidade e o hastío dunha sociedade desilusionada que aínda así, segue a intentalo.   

Anacos de madeira recollidos en derribos, metáfora perfecta para este fracaso, enchen a sala tornándose en mensaxes de amor e odio, en casas con cristais convertidos en bágoas, en fiestras desde as que todavía se intúe o futuro. Corazóns atravesados por espellos, por libros, ou salpicados por cascabeis, restos de maniquís intentando non desaparecer no afundimento.

Carbajo logra que mulleres e homes lle presten as súas miradas, que pensen por un segundo nun soño feito realidade, pero tamén nun soño nunca conseguido,  mesturando os seus ollos cos restos dun avión accidentado.   

552139_396151673825712_999837618_n

552139_396151673825712_999837618_n

Desánimo e esperanza percorren toda esta exposición. A mensaxe é clara, estamos feridos pero debemos loitar. Carbajo é consciente da convulsión que nos tocou vivir e quere retratala; a súa arte está conectada á realidade pero segue sen abandoar a poesía, quizáis por iso interiorizamos máis a mensaxe, porque o colectivo convértese en algo persoal, e nos recoñecemos máis nesas miradas que nas noticias de crise que inundan os xornais.

Puiden ver esta mostra, xa pechada, no Piramidón Centro d’Art Contemporani, nunha destas paradas en Barcelona ás que obrigan as viaxes con escala. E tiven a sorte de que Tono me guiara, de que me transmitira a súa rabia, de que me mostrase que, por sorte, xa fai moito de que os artistas non se limitan a pecharse nos seus estudios. A arte, moitas veces, consiste na gran xesta de facernos máis conscientes da nosa realidade. 

www.tonocarbajo.net

www.flickr.com/photos/tonocarbajo

www.youtube.com/user/tonocarbajo

552139_396151673825712_999837618_n


Ana Chouciño

A distancia ás veces danos perspectiva; outras, simplemente, fainos idealizar o que botamos en falta. Escribirei desde Edimburgo, sobre Edimburgo e sobre Santiago. Contareivos como unhas cidades se inventan e outras se lembran e como ao final todo é o mesmo.

linkedin.com/in/anagonzalezchoucino

Le máis artigos de Ana Chouciño aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Ana Chouciño A distancia ás veces danos perspectiva; outras, simplemente, fainos idealizar o que botamos en falta. Escribirei desde Edimburgo, sobre Edimburgo e sobre Santiago. Contareivos como unhas cidades se inventan e outras se lembran e como ao final todo é o mesmo.