Carlos Blanco e Luis Davila en Edimburgo

Os galegos que vivimos en Edimburgo xa temos bandeira. Nessi viste a monteira que levan os nosos gaiteiros e dos seus fuciños sae un 'ei carballeira!' que fai remexer o famoso lago.

Por ediSCQ - Ana Chouciño | Edimburgo | 18/04/2016

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

Carlos Blanco e Luis Davila chegaron a Edimburgo da man de Viajar por Escocia. Conseguiron reunir alí aos galegos espallados polas terras altas e baixas, e, por se non o sabiades, somos moitos.  Pasamos vinte minutos saudando a aqueles que coñeceramos ao chegar, e dos que non voltamos a ter novas porque o traballo e a vida nos foi alonxando, saudamos a galegos dos que nin sequera sabiamos que estaban a vivir en Edimburgo, pero que lembrabamos das rúas santiaguesas. As recorriamos axenos a que o destino nos poñería moi lonxe, no mesmo lugar e no mesmo segundo.

O espectáculo tivo lugar nun deses templos convertidos en teatro, arquitecturas sagradas que baixan a terra para que visitemos as igrexas por primeira vez despois de tantos anos. Luis Davila e Carlos Blanco situáronse no escenario; Luis debuxaba seguindo o ritmo das verbas de Carlos; marabilloume a velocidade dese lápis que intuía na pantalla, como, pouco a pouco, a Galicia que máis boto en falta íase amosando naquel lenzo en branco. Unha Galicia na que se misturan o rural e o urbano, onde as leiras están moi preto dos edificios de cinco pisos e as corredoiras se cruzan coas autopistas.

552139_396151673825712_999837618_n

As palabras de Carlos tamén debuxan Galicia. Unha Galicia chea de retranca, de medios sorrisos, dunha intelixencia aguda e práctica convertida en filosofía de vida. Unha Galicia na que a Santa Compaña é tan tanxible como o cocido do día da festa.

Entre os dous retrataron a nosa maneira de rir, quizáis o noso mellor espello, e este espello chegou a Escocia gracias a Vicente Figueroa e Jaime Imbernón, dous galegos que viñeron con gañas de traer un anaco de Galicia nas maletas, como fixemos tantos. “E ti que queres ser de maior?” “Emigrante!”, contaba Manuel Rivas nunha das súas novelas. Poderían convertirse tamén nunha das historias de Carlos e Luis, dous galegos que, a base de traballo, montaron Viajar por Escocia, a empresa de tours en español máis importante do norte das illas británicas. Dous galegos que lograron triunfar nas terras de Wallace, pero que seguen a conservar a retranca e as botellas de licor café na neveira. Dous galegos que non se esquecen das súas orixes e que están a patrocinar a cultura galega no norte desta illa. Graciñas por traernos a estes dous artistas; o 'Ei carballeira!' segue a resoar nas terras altas.

552139_396151673825712_999837618_n


Ana Chouciño

A distancia ás veces danos perspectiva; outras, simplemente, fainos idealizar o que botamos en falta. Escribirei desde Edimburgo, sobre Edimburgo e sobre Santiago. Contareivos como unhas cidades se inventan e outras se lembran e como ao final todo é o mesmo.

linkedin.com/in/anagonzalezchoucino

Le máis artigos de Ana Chouciño aquí.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Ana Chouciño A distancia ás veces danos perspectiva; outras, simplemente, fainos idealizar o que botamos en falta. Escribirei desde Edimburgo, sobre Edimburgo e sobre Santiago. Contareivos como unhas cidades se inventan e outras se lembran e como ao final todo é o mesmo.