Artigos de ediSCQ - Ana Chouciño

Carlos Blanco e Luis Davila en Edimburgo

Os galegos que vivimos en Edimburgo xa temos bandeira. Nessi viste a monteira que levan os nosos gaiteiros e dos seus fuciños sae un 'ei carballeira!' que fai remexer o famoso lago.

O Cachón. Rituais con vistas ao porto

Xa o contei unha vez. Cando Xurxo non era nin sequera pensamento había un ritual antes de visitar a casa do meu avó. Collía o coche e pasaba de largo o cruce de Cerqueda para chegar a Malpica. Baixaba ata o porto e visitaba a praia para poder ver as Sisargas desde o lonxe. Pero os rituais mudaron, e tamén as prioridades. O primeiro é levar a Xurxo xunto ao seu avó, que poida correr pola eira coa cadela e mancharse de lama, que quede hipnotizado polo lume da lareira e que faga da horta o seu universo.

As tardes que non existen

Hoxe en Edimburgo desfrutamos incrédulos duns 14 grados... máis que desfrutar deles, desconfiamos, saímos á rúa con guantes e bufanda para quitalos polo camiño, preguntándonos se non será unha trampa para que a gripe nos pille despistados, e así foi. Ás catro da tarde, mentres Xurxo durmía, empezou a chover a berros, como diría Cortázar se fose galego; a chuvia golpeou a fiestra e Xurxo protestou entre sonos para durmirse de novo. O día arrefriou e a calefacción volveu converterse en murmurio de fondo.

Triángulo de Amor Bizarro en Edimburgo

Somos varios os que intentamos levar a cultura galega a Escocia. Supoño que será a nosa maneira de sentirnos máis preto da casa: se non podemos ir a ela, que ela veña a nós.

Burbullas

Foi un verán estrano, de demasiado sol queimando a herba, de ocres e azuis asediados por bloques de cemento, de salitre insípida mollando os pés. Edimburgo seguía onde sempre, nun universo paralelo lonxe daquelas praias, sobrevivindo entre paraugas e abrigos.

Ismael Teira. Dubidando dos nosos ollos

Coñecía a Ismael polos seus camiños do desexo, polas súas fotografías de atallos cruzando Compostela, polos anacos de ceo que, irónicamente, recortou entre as patas e o rabo dos touros Osborne: dubidosos símbolos dun país que apenas se mantén en pé.

Alberto Carpo. Recordos de infancia

Onte mandeille unha mensaxe a miña nai: “Acábome de enterar. Sinto o de Alberto”. Pero ela todavía non sabía nada. Así que me decatei de que coñecía a moi poucos Albertos, ou que quizáis ningún foi tan significativo na súa vida: “Non me digas que morreu Alberto Carpo…”

Gris. Bergantiños en viñetas

Nunca fun de cómics. Xa de pequena me gustaba ler de seguido, as letras estaban no papel e as imaxes íanse debuxándo na miña cabeza. O branco e negro mecanografiado ía escollendo as cores polo camiño, as caras dos personaxes, as cidades de fondo. E cando alguén imaxinaba isto por min, eu perdía o interese. Non entendía eses códigos aparentemente tan sinxelos, as historias contadas con debuxos en vez de con verbas.