Gris. Bergantiños en viñetas

Nunca fun de cómics. Xa de pequena me gustaba ler de seguido, as letras estaban no papel e as imaxes íanse debuxándo na miña cabeza. O branco e negro mecanografiado ía escollendo as cores polo camiño, as caras dos personaxes, as cidades de fondo. E cando alguén imaxinaba isto por min, eu perdía o interese. Non entendía eses códigos aparentemente tan sinxelos, as historias contadas con debuxos en vez de con verbas.

Por ediSCQ - Ana Chouciño | Edimburgo | 17/12/2014

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

Fai pouco alguen me falou da historia dos cómics, de que quizáis os xeroglíficos foron os primeiros, de que eses debuxos tamén son linguaxe. E comprendín que calquera historia se pode contar con imaxes, que as viñetas son como os fotogramas dunha película muda impresos nun papel.

Este libro chegou a min na última viaxe a Galicia. Gris foi escrito (e debuxado) por Fernando Castro. Aínda que disposta a ler as imaxes, non puiden evitar saltar ata a penúltima folla onde as palabras enchen o papel.  Conta Fernando que de pequeno debuxaba cómics, pero que aos doce anos atopou outra maneira de contar historias: a música. Ás veces hai que facer eleccións, pero hai cousas que forman parte de nós e que nunca poderemos desterrar das nosas vidas. E xa a adulto, xa convertido en pai, voltou a necesidade de debuxar.

552139_396151673825712_999837618_n

“Comarca de Bergantiños. Primeiro día de outono” así comenza a historia. Demasiados prexuizos; nunca pensei que unha historia como esta podería estar baseada na terra onde naceron os meus avós. Como boa coruñesa, sego a vincular o rural con certa idea romántica. Pero aquí non hai romanticismo. Gris é a historia dun home cunha vida aburrida, a historia dun home atrapado no cotiá e inmerso de súpeto nuns acontecementos turbios e con poucas trazas de final feliz.

Un coche con dous homes dentro, unha carretera baleira, un prostíbulo.  As viñetas en branco e negro desacougan e fan temer un drama que está por vir. A historia queda aberta; chegarán máis capítulos. Quedo coas gañas e lamento non poder descifrar os guiños que se intúen: Gris terá recompensa  para os lectores máis habituais deste xénero.

Hai moitas maneiras de contar historias. Ás veces, trátase só de esquecer prexuízos e aprender (e ensinar) a lelas.

https://www.facebook.com/grisbd

fernandocastro.fcg@gmail.com


Ana Chouciño

A distancia ás veces danos perspectiva; outras, simplemente, fainos idealizar o que botamos en falta. Escribirei desde Edimburgo, sobre Edimburgo e sobre Santiago. Contareivos como unhas cidades se inventan e outras se lembran e como ao final todo é o mesmo.

linkedin.com/in/anagonzalezchoucino

Le máis artigos de Ana Chouciño aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Ana Chouciño A distancia ás veces danos perspectiva; outras, simplemente, fainos idealizar o que botamos en falta. Escribirei desde Edimburgo, sobre Edimburgo e sobre Santiago. Contareivos como unhas cidades se inventan e outras se lembran e como ao final todo é o mesmo.