Comezou a vendima en Valdeorras

As altas temperaturas destas semanas fixeron que se adiantase a recollida da uva respecto doutros anos. Adegas da D.O. Valdeorras como María Teresa Fidalgo ou Bodega Sampayolo vendimaron este domingo 20 uvas da variedade godello.

Por Galicia Confidencial | Vilamartín de Valdeorras | 22/08/2023 | Actualizada ás 08:55

Comparte esta noticia

O pasado domingo 20 de agosto adegas da D.O. Valderrras comezaron xa a vendimar. Este foi o caso, por exemplo, de María Teresa López Fidalgo, que vendimou godello na súa viña O Cabalín, en Viladequinta (Carballeda de Valdeorras); e o de Bodega Sampayolo, que vendimou a mesma variedade na súa finca Olivedo, en Sampaio (Petín).

Traballos de vendima. Foto: Consello Regulador D.O. Valdeorras.
Traballos de vendima. Foto: Consello Regulador D.O. Valdeorras.

As altas temperaturas que leva soportando a comarca os últimos meses provocaron que se adiantase a data da vendima respecto a outros anos. Ademais das devanditas adegas, xa confirmaron o inicio dos traballos de recolección para comezos da vindeira semana outras 6 adegas máis.

EXPECTATIVAS ALTAS COA VENDIMA DESTE ANO

Os técnicos do Consello Regulador, tras as últimas visitas a viñedo realizadas estes días, esperan que sexa unha boa vendima, na que seguramente se superarán os quilos de uva recollidos en 2022.

"No que se refire á calidade, as previsións tamén son moi boas xa que as distintas variedades que se cultivan en Valdeorras presentan, a día de hoxe, un estado óptimo de conservación na gran maioría das parcelas", comentan tamén dende o Concello Regulador.

As previsións respecto da duración dos traballos da vendima son que a campaña sexa longa e que non remae ata principios de outubro. As grandes diferencias de altitude entre unhas zonas e outras do territorio amparado, provocan que os tempos de maduración sexan moi diferentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta