Vigo, laboratorio de probas dos portos do futuro: menor contaminación acústica e máis respecto pola biodiversidade

Polo momento instaláronse no malecón 330 metros cadrados de placas de formigón biopotenciador por parte da empresa ECOncrete. Este formigón reduce a contaminación acústica para os peixes e, ao mesmo tempo, e respectuoso coa fauna que se quere adherir a el. Así, a día de hoxe xa se pode observar como os mexillóns, as plantas e as algas, entre outros organismos da ría, se están a formar a súa nova vivenda nestas placas.

Por Galicia Confidencial | VIGO | 25/08/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Fai xa seis meses que o visor submarino 'Nautilus' se instalou no porto de Vigo. Dende aquela, milleiros de persoas, curiosos e veciños, pasaron por el, admirando a gran biodiversidade mariña que alberga a ría da urbe olívica. Sen embargo, de seguro que moi poucos chegaron a comprender que esta plataforma é algo máis que un museo con vistas ao fondo do mar, senón que tamén é un laboratorio de probas do que deberían ser os portos do futuro.

Peixes vistos dende a estación de visionado 'Nautilus' de Vigo
Peixes vistos dende a estación de visionado 'Nautilus' de Vigo | Fonte: GC

O medio ambiente é o ben máis prezado do ser humano, pois sen el non habería vida, e coidalo está nas mans de todos. Coidar o que se ve a simple vista resulta máis doado, pero tamén hai cousas que non se perciben ata que comezan a pasar factura. É o caso da contaminación das augas, que mata a numerosas especies e que pon fin a un ecosistema que nos da de comer cada día, contaminando tamén a nosa saúde. 

Hai moitas formas de contaminación das augas: dende o seu uso como vertedoiro de plásticos e produtos químicos ata o uso de barcos que soltan residuos durante a súa combustión. Sen embargo, hai outro que pasa moi desapercibido: a construción dos portos. Ao final, un porto non deixa de ser una infraestrutura artificial creada polo ser humano acotando o mar ao seu antollo, sen ter en conta os desexos da natureza.

O material co que se crean, formigón, pode ser prexudicial para a fauna e a flora marina, ou reducir a cantidade de placton (o seu principal alimento) da zona. Ademais, o traballo realizado nestes muelles pesqueiros xera unha elevada contaminación acústica para os peixes, cuxo sentido do oído está moito máis desenvolvido que o do ser humano. Dar un golpe na superficie é só un golpe, pero na auga as ondas que provoca o impacto expándense provocando unha especie de eco que multiplica o ruido xerado.

O 'Nautilus', englobado dentro do proxecto 'Living Ports', está traballando en reducir este impacto humano na biodiversidade mariña. Como? Polo momento instaláronse no malecón 330 metros cadrados de placas de formigón biopotenciador por parte da empresa ECOncrete. Este formigón reduce a contaminación acústica para os peixes e, ao mesmo tempo, e respectuoso coa fauna que se quere adherir a el. Así, a día de hoxe xa se pode observar como os mexillóns, as plantas e as algas, entre outros organismos da ría, se están a formar a súa nova vivenda nestas placas.

A Universidade Técnica de Dinamarca é a encargada de levar a cabo o estudo sobre a capacidade do formigón para reducir a contaminación acústica submarina, monitorizando a biodiversidade destas infraestruturas portuarias inclusivas coa natureza. Dende fóra, a estación submarina 'Nautilus', deseñada polo estaleiro vigués Cardama, ofrece ao público un espazo interactivo de observación da vida mariña que vai proliferando nestes muelles mellorados coa solución de ECOncrete.

E se fuches dos primeiros en realizar a túa visita, recomendámosche que volvas pasarte, pois na actualidade a vida abriuse camiño e son moitos máis os organismos que se achegan ata o 'Nautilus', moitos deles aproveitando o placton que se pega á estación como alimento. Así, cada vez os peixes achéganse máis, especialmente cando non se fai ruido. E tamén os mexillóns e diversos moluscos se agarran con máis forza ás cordas deseñadas polo proxecto. Agora si que se pode dicir que o porto de Vigo goza dunha extensa fauna e flora submariñas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

O mundo ao revés... Levamos varios meses enviando queixas á Autoridade Portuaria de Vigo sobre a contaminación acústica insoportable producida por diversas torres de refrixeración das empresas que operan na Dársena 4 do Porto de Vigo... E non hai resposta algunha. En cambio seica andan preocupados polo estrés que lles produce o ruído aos peixiños ... Cinismo Global... Sabedes que fabrica o formigón ecolóxico ? ISRAEL ! Ese país do mundo que bota formigón nos pozos de auga dos Palestinos e ocupa as súas terras para provocar o Xenocidio máis cruel do século XXI ! E nós, a mercar formigón ecolóxico, mentras rebentámos os ouvidos dos cidadáns de Vigo con empresas de conxelado que deberan marchar á PLISAN e non seguir medrando como fungos sobre a Ría de Vigo ! https://econcretetech.com/faq/ Son moi cucos estes investigadores ! https://twitter.com/HoyPalestina/st...

1 Gamela

Como non acepto seguidores X a enquisa~queixa non terá visibilidade, pero gustaríame facela pública e explicar que se algún día a Autoridade Portuaria de Vigo se toma en serio as súas competencias medioambientais e REDUCE OS RUÍDOS será seguramente cando os novos veciños do Barrio do Cura ocupen as súas "carísimas vivendas" de 600.000 € e consideren que non é de recibo ter que soportar os motores da Industria do Conxelado ao pé das súas casas... https://twitter.com/VentanaVGO/stat... O mesmo sucede co túnel interminable que levará aos coches ata os garaxes das novas vivendas do Barrio do Cura, mentras Vigo leva máis de 3 anos con todo o Centro Histórico patas arriba por culpa do Pelotazo Urbanístico de Abel Caballero ! Seguimos sen PXOM pero seica temos DJ aos que lles pagamos 1 Kilo €