Varios feridos por accidente e atropelos en Cambre, Vigo, Carral e Ordes

Unha persoa foi excarcerada en Cambre.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/11/2023 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

Unha persoa foi excarcerada este martes tras envorcar co seu coche na autovía ao seu paso polo municipio coruñés de Cambre. Segundo informou o 112, ocorreu no quilómetro 579 da A-6 en sentido Madrid, e a persoa foi liberada polos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Cambre.

Minutos despois das 20 horas, diversos particulares contactaron co 112 Galicia para informar dun coche que envorcara lateralmente na beiravía da autovía, á altura da parroquia de Andeiro. Xa desde o primeiro momento, algúns dos alertadores explicaban que o ocupante do vehículo era incapaz de abandonalo polos seus propios medios.

Os efectivos do Servizo de Municipal de Protección Civil da localidade encargáronse de sacar unha das portas para retirar ao ferido, que foi trasladado ao hospital de referencia polos profesionais sanitarios, desprazados ao lugar a bordo dunha ambulancia.

ATROPELO EN VIGO

Á mesma hora, unha muller foi atropelada en Vigo, á altrua do depósito municipal, na estrada do Vilar, e quedou debaixo dun vehículo.

Foron os profesionais sanitarios os que informaron os feitos ao 112 Galicia minutos despois das 20 horas. Xa nas primeiras comunicacións, os alertadores explicaban que a persoa implicada atopábase debaixo do vehículo.

Rapidamente, foron os veciños os que empregaron un gato hidráulico para elevar o coche e retirar á persoa, que foi atendida polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Para este operativo foron informados os Bombeiros municipais.

COLISIÓN DE DOUS VEHÍCULOS CONTRA UNHA VIVENDA EN CARRAL

Por outra banda, dúas persoas resultaron feridas nunha colisión de dous vehículos contra unha vivenda no municipio coruñés de Carral.

O suceso tivo lugar na N-550, en Tabeaio. Minutos antes das 5:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dunha colisión de dous turismos contra unha vivenda: un deles chocou contra o inmoble, mentres que o outro chocara contra un dos seus muros.

SAÍDA DE VÍA EN ORDES

Neste outro accidente, unha persoa resultou ferida ao saírse da vía e envorcar no quilómetro 4 da AC-413, ao seu paso pola parroquia de Lesta, en Ordes.  Os profesionais sanitarios comprobaron á súa chegada que o coche estaba situado nunha zona de difícil acceso. Así, os Bombeiros interviñeron para axudar a retirar á persoa implicada, que foi atendida polos servizos sanitarios.

Un enfermeiro nun dos helicópteros medicalizados de Urxencias Sanitarias 061 Galicia que acudiu a un accidente
Un enfermeiro nun dos helicópteros medicalizados de Urxencias Sanitarias 061 Galicia que acudiu a un accidente | Fonte: Europa Press

Accidente na AG-11
Accidente na AG-11 | Fonte: Bombeiros Boiro
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta