O derrube da caldeira de Naturgy en Meirama será o día 16 de xaneiro

Con anterioridade, a empresa derrubou a cheminea tras máis de 40 anos de existencia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2024 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

Naturgy realizará o día 16, martes, a voadura da caldeira da súa antiga central térmica en Meirama, segundo confirmaron fontes consultadas por Europa Press.

Será a partir das 13,00 horas e en base a un protocolo de emerxencias previamente establecido, con desaloxo de varias vivendas e corte da estrada.

Con anterioridade, a empresa derrubou a cheminea tras máis de 40 anos de existencia, sen que se producise ningunha incidencia máis aló dun amplo rebumbio negro que afectou a toda a contorna.

A operación levou a cabo, segundo apuntou entón a empresa, "coas máximas medidas de seguridade, o mínimo impacto ambiental e cun cumprimento rigoroso da normativa vixente".

A cheminea, de formigón armado, tiña un volume 50.868 metros cúbicos, un peso estimado de 8.983 toneladas e unha altura de 200 metros.

Arquivo - Voadura da cheminea da central térmica de Meirama. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Voadura da cheminea da central térmica de Meirama. M. Dylan - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta