A vacina contra o virus respiratorio sincitial en nenos reduciu un 90% os ingresos hospitalarios

Logrouse evitar "uns 500 ingresos" por este tipo de virus

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2024 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

A vacina contra o virus respitario sincitial, incluída na cartilla de vacinación dos hospitais galegos desde o pasado mes de setembro, reduciu un 90% os ingresos hospitalarios pediátricos causados por esta doenza que deriva en bronquiolitis e que provoca unha media de 400 hospitalizacións por campaña.

Tras o inicio da administración desta vacina aos recentemente nados que chegaron ao mundo en hospitais galegos desde o 25 de setembro e as chamadas aos nenos de risco de menos de 24 meses de idade, o número de ingresos no que vai de campaña (ata o 21 de xaneiro) foi de 50.

Así o destacou o presidente galego, Alfonso Rueda, na comparecencia ante os medios posterior ao Consello da Xunta, onde incidiu en que a vacinación, na que Galicia foi "pioneira", alcanzou ao 100% dos nenos de risco e ao 93% dos recentemente nados.

Deste xeito, mostrou a súa satisfacción polos datos provisionais dunha campaña na que se logrou evitar "uns 500 ingresos" por este tipo de virus, que non só afecta a nenos en situación de risco, xa que o 98% das hospitalizacións prodúcese en lactantes sans.

Paralelamente, o Goberno galego deu luz verde este xoves á adquisión por valor de 13 millóns de euros de oito vacúas de calendario, ademais da de Hepatite A, que unicamente se administra a persoas de risco, e da novevalente que se administra contra o virus do papiloma humano. Sobre este último, desde o inicio da vacinación de nenos homes fronte a este virus (2022), a cobertura alcanza o 90,7% en nados en 2010 e o 80,8% para os que chegaron en 2011.

ACTUALIZACIÓN GASTOS TRASLADO PACIENTES

Este xoves, o Consello tamén deu luz verde á actualización dos gastos por traslado de pacientes, aloxamento e manutación no Servizo Galego de Saúde. A nova orde, ademais de actualizar as tarifas, amplía a cobertura de gastos por manutención e hospedaxe, con especial atención aos traslados por asistencia no caso de enfermidades raras.

Neste sentido, a Xunta lembra nun comunicado que existe un mandato do Parlamento de Galicia aprobado por unanimidade dos grupos para que se dea cobertura aos gastos xerados para as familias de pacientes de enfermidades raras que deben moverse a centros fóra do seu ámbito para recibir tratamentos especializados para as súas doenzas.

Vacinación a un neno
Vacinación a un neno | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta