Vaia, vaia, dende logo que fácil é xustificarse. Tantos anos criticando a quen na primeira fase da CRTVG ten entrado por medio dun concurso de méritos, e agora queremos que se repita de novo. ¿Pero eso non era o que estaba mal? ¿Ou somentes era porque a un non lle tocou? A partires do ano 92 estableceuse o metodo polo que se debería acceder a un emprego público sempre. Un Concurso-oposición no que todo o mundo tivera a oportunidade de acceder ó posto vacante, cun apartado de méritos para que os que xa levaban tempo prestando os seus servicios foran recoñecidos por elo. Deste xeito entraron a meirande parte dos traballadores e traballadoras fixos na actualidade. Agora querense cambiar as normas para entrar pola porta de atrás aqueles que foron traballando todos estes anos incumprindo reiteradamente o sistema de banco de datos establecido no convenio. Algúns con moito mérito, non o dubido. Por esa mesma razón non deberían ter medo de demostralo.
Dunha vez por todas, deberiamos aceptar as regras de xogo que teñen que rexir unha empresa pública. Hai por tanto que conciliar os dereitos de aqueles que levan unha morea de anos prestando os seus servizos explotados polo PP, en condicións raiantes coa moderna escravitude no traballo, coa conivencia duns sindicatos e a ineptitude de outros, cos dereitos de aqueles que tendo os mesmos méritos, non tiveron a oportunidade de prestar os mesmos servizos, por variados e diversos motivos. Creo sinceiramente que as condicións da oposición que se establecian, cumprian adecuadamente estes obxectivos.
O final, a rabia de uns e os intereses de outros, acabarán por beneficiar ós de sempre e os perxudicados voltaremos a ser o conxunto de traballadores e traballadoras.
Non se pode meter no mesmo saco os do NON, como tampouco se pode facer con aqueles que participan na representación social. Eso non sería bon para ninguén.