ÚLTIMA HORA.- Non ó convenio da CRTVG

Finalmente, o non ó convenio colectivo da CRTVG impuxose hoxe na votación que se celebrou no Ente público. Deste xeito, os traballadores opuxeronse ó acordo que tiñan adoptado a maior parte dos sindicatos coa dirección da empresa...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 01/10/2006 | Actualizada ás 23:21

Comparte esta noticia

Aseguran que algunhas das clausulas do texto que se quería aprobar son propias do sector privado e critican que mesmo se teñan mantido certos privilexos para o comité de empresa. Hai un gran malestar entre os empregados, principalmente, entre o sector dos contratados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 107 comentarios

47 O moinante

Todo aquele que entrou por enchufe que vaia para rua. Todo o demais é corrupçom. E já estamos até os mesmos colh... de tanto enchufismo e ladrocinio.Os dinheiros som dos cidadãos, e estes nom tenhem que pagar mais impostos para manter a uns "mantas" que ocupam os postos de trabalho nom por ser os ajeitados senom por ter "padrinho". Todos os que entrarom polo dedo à "puta rue".

46 O moinante

Todo aquele que entrou por enchufe que vaia a rua. Todo o demais é corrupçom. Os dinheiros som dos cidadãos, e estes nom tenhem que pagar mais impostos para manter a uns "mantas" que ocupam os postos de trabalho nom por ser os ajeitados senom por ter "padrinho". Todos os que entrarom polo dedo a "puta rue".

45 O moinante

Todo aquele que entrou por enchufe que vaia a rua. Todo o demais é corrupçom. Os dinheiros som dos cidadãos, e estes nom tenhem que pagar mais impostos para manter a uns "mantas" que ocupam os postos de trabalho nom por ser os ajeitados senom por ter "padrinho". Todos os que entrarom polo dedo a "puta rue".

44 currante

A Teté non demite.Di que agora é cando hai que quedarse para non darlle a razón e deixarlle o campo libre ós fachas.¿Non vos soa?.Debe ser curmá de Suarez Canal e do Director Xeral de Montes.Se CCOO llo permite caerá no maior dos descréditos ....
Incrible pero certo.

43 sacho dourado

Hola a todos:

Eu non sei qué carallo facemos aqui falando de política. Isto é moi sinxelo.

Hai un ano e medio os sindicatos mandáronnos a folga. E fomos. Fomos todos sen excepción. Daquela gobernaba o PP, por certo. Os sindicatos xa viviron a presión dos contratados, coa axuda, todo hai que dicilo de moitos dos fixos da empresa.
TAnto foi así, que os contaratdos, que no se fiaban dos dupostos representantes dos traballadores, uníronse a folga pero cunha folla de pedimentos a parte e sempre moi vixiantes dos movementos dos "defensores dos traballladores da CRTVG".

A folga secundouna toda a empresa. De xeito os paros duraron moitos días, mesmo o día das eleccións ó parlamento galego.

Os defensores de tod@s os traballadores dixeron que ían defender as teses dos contratados. Todo foron palabras moi bonitas.

Uns meses máis tarde os sindicatos obrigan a empresa, que segue unha política complacente cos "representantes dos traballadores" a facer unhas listaxes de contaratción e non apoian un posible concurso de méritos, que era de lei, para aqueles compañeiros que levaban dez ou quince anos traballando na empresa (eu, por certo non estou neste grupo de persoas... ogallá).

Despois ven o do convenio. Non informan do que están facendo, o que redactan non se entende e promoven unhas reclasificacións de persoal que inclúen categorías e salarios, que lexos de ir para adiante semellan ir cara atrás.

Encima durante este tempo os defensores dos compañeir@s da CRTVG adícanse a denunciar os seus propios compañeiros e poñen pegas a empresa pola contratación de persoal que leva anos traballando para ela.

Chama a atención que estes representantes dos traballadore que non teñen a titulación axeitada para cumprir o seu posto de traballo, co convenio na man, resulta que son os que poñen máis pegas para que outros que levan os mesmos anos na empresa traballando corran risco de seguir na empresa.

Estase moi o quente baixo a paraugas da liberación sindical amiguiños pero agora toca mollarse por tantas e tantas veces que lles destes polo cu aos vosos propios compañeir@s.

Non hai sindicatos máis represores e menos fieis a clase obreira que os que representan aos traballadores da CRTVG. Non hai máis que ver os convenios que teñen outras Televisións autonómicas ou ver por exemplo o que fan os actuais sindicatos no ente público de RTVE para darse conta de que o da CRTVG é restrictivo, insolidario e pouco beneficioso para calquera dos colectivos da CRTVG.

Por todo iso pasou o que pasou e a xente votou NON ó novo convenio. Esa é a unténtica realidade.

E agora que? Fodestes os fixos que se quedan sen suba, fodestes os contratados que nin teñen concurso de méritos nin teñen as prazas que esixían para a opisición e acabastes fodidos por ser tan pusálinemes coa empresa a hora de negociar e obter un rotundo NON o voso traballo. Saiuvos o traballo conciliador pola culata porque conseguises cabrear a todos os que puideron votar e os que non puideron votar este referendum (que tamén foron uns cantos, e menos mal porque senon xa veríades que pao máis grande iades levar).

Señores reflexión. Revisión dos convenios dos colegas das autonómicas e menos restriccións para o persoal que TRABALLA de verdade na empresa e que ten gañas de facer país coa nosa G.

Por certo agora que demitistes a ver se se ven esas ansias de traballar e de mellorar a imaxe da nosa ben querida galega. Xa levades moito tempo vivindo do conto e sobre todo por ir contra os voso propios compañeir@s. Iso nunca o poderemos perdoar.

Ah, por certo. Mensaxe para Rosa. Se queres traballar na G, por favor, ten o gusto de expresarte en galego cando falas da CRTVG.

Sinto a parrafada pero é de Lei saber a verdade.