ÚLTIMA HORA.- Non ó convenio da CRTVG

Finalmente, o non ó convenio colectivo da CRTVG impuxose hoxe na votación que se celebrou no Ente público. Deste xeito, os traballadores opuxeronse ó acordo que tiñan adoptado a maior parte dos sindicatos coa dirección da empresa...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 01/10/2006 | Actualizada ás 23:21

Comparte esta noticia

Aseguran que algunhas das clausulas do texto que se quería aprobar son propias do sector privado e critican que mesmo se teñan mantido certos privilexos para o comité de empresa. Hai un gran malestar entre os empregados, principalmente, entre o sector dos contratados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 107 comentarios

102 é o que hai

"A nosa historia facémola nós" dí unha canción de Uxía Pedreira. Así nos vai. Vexo a TVG. Son masoca, seino. "Pepe o Inglés": factoría de despropósitos guionizados, representados e asesorados por rostros omnipresentes na cousa catódica galaica. Na pausa para a publicidade anuncian un "realiti" chamado 1906. Así si que non imos saír xamais de debaixo do rabo da vaca. Proponse vivir como o facían os nosos devanceiros hai cen anos. Por que non volvemos a Atapuerca, con Arsuaga de asesorador no plató? Por que non metemos a tódolos políticos nunha fregoneta e os levamos a facer turismo rural polas vilas galegas e escoitamos o que comentan? Puto complexo de inferioridade dos galegos. Ata cando!? Aínda que... claro... xa caio... Quen non ten "intereses" en que continúen determinados espazos programados? Quen pode temer que os intereses dos interesados muden de lado? Sigamos así, facendo historia. Que carallo!

101 kao

NI LISTAS NI ENCHUFADOS, PROFESIONALES DE TV.
ESO ES LO QUE NECESITA LA TVG, PROFESIONALES.
JEFES PROFESIONALES Y CURRITOS PROFESIONALES.
21 AÑOS DE CARENCIAS, 21 AÑOS DE BASURA. ESA ES LA TVG DE SIEMPRE.

100 kao

NI LISTAS NI ENCHUFADOS, PROFESIONALES DE TV.
ESO ES LO QUE NECESITA LA TVG, PROFESIONALES.
JEFES PROFESIONALES Y CURRITOS PROFESIONALES.
21 AÑOS DE CARENCIAS, 21 AÑOS DE FALTA BASURA. ESA ES LA TVG DE SIEMPRE.

99 ondas do mar de vigo

Onda curta. Curta (en tódolos aspectos) representación do audiovisual galego. Mi madriña. Hai que ver de todo para xulgar e a min, coa G pásame como con Sánchez Dragó, ho, que é velo e o dedo vai só. Esterei posuído? Vou ter que atravesa-lo corredor e achegarme á R.G. para consultarllo ó gurú das ondas fantasmagóricas(A.R.).
Segue a noite: Repetición do motor na súa expresión polas corredoriras galegas e demostracións acrobáticas... E, para rematar: gala triunfal presentada por Manjón en Superpiñeiro. e eu penso... Oh tempora, oh mores!
Déitome e penso: Que fixemos mal, en que nos equivocamos? Porque, ós que nos gusta este medio, aturamos este re-medio? RESPOSTA: porque, ó final, "Ondiñas veñen e vaaaaan". Coma os xefes e coma tódolos demais. Desta tamén ha de escampar.

P.S. Ah, A.R. non é Ana Rosa é o, cada vez máis re-coñecido, Antón Rebollido.

98 never again

Eu tamén estou vendo a TVG, o que quere dicir que, cando menos, ten dous espectador@s (Guau! Confírmase: somos unha potenZia). Botan unha serie que xa emitían hai 20 anos(disque coa cara lavada porque a dobraxe é infinitisisisisismamente mellor e o único que fixeron foi nornmativizar?? o galego). Así me gusta: rendabilizando os recursos. Se non fose porque non están nin Superpi nin Ana Kiro, pensaría que aínda teño 15 aniños. Aí seguen por aí os de sempre: Gayoso, Pili Pampín, as pelis de vaqueiros e o Xabarín. Miro e vexo... E NON ME GUSTA NADA O QUE VEXO, así que, "ata o carallo" quedas s@ (se aínda andas por aí).
Ah, por certo, o do sistema dos novos platós... un éxito, eh... (mágoa que chegue con varios anos de atraso e que saibamos utilizalo tan mal. O branco marea e agobia (o chollo do minimalismo xa non pega nin con cola), e tanto dinamismo dos presentadores-supermodelo estresa. Cantas posibilidades e canto talento botado ó caldeiro do lixo! Deixade os 80 atrás que xa van alá.