nestes vinte anos de tvg cambiaron os modelos televisivos, cambiaron en varias ocasións os gobernos que inspiran a sua liña, cambiaron os directivos que a rexen, mesmo cambiaron os traballadores que nela estan... Todo, como é normal, foi adaptándose ao paso do tempo... agás o comite de empresa. Case todos, cunha formación intelectual mínima, foron quen de ir toreando a uns e a outros con tal de manter un status que lles garante un nivel de ingresos moi aceptable sen pegar un pao a auga, nin por suposto, traballar en serio pola mellora das condicións laborais dos empregados - nos últimos anos a CRTVG é un exemplo de libro de prácticas laborais humillantes para os traballadores en canto a estabilidade-.
E xa non entro a valorar o xeito co que algunhas e algúns deles acadaron a súa praza...non é cousa de facelo aqui público... pero seguro que eles/as o lembran. E hoxe son os que maís miran por riba do ombreiro.
Alégrome porque hoxe comezou o principio do seu fin. Non dubido de que tentaran novos enroques para seguir nos seus postos ( se non hai que volver ao frío traballo .. e case todos o esqueceron ), de que ameazaran aos contratados, de que faran as beiras á empresa... pero isto... non ten volta atras. O soño durou para moitos case vinte anos... Bos días... acabades de espertar...