Falece Juan Piñeiro Permuy, exconselleiro de Educación da Xunta de Fraga

Catedrático de Filosofía e Letras, nacido en Pontedeume, ocupou a carteira de Educación entre 1990 e 1996.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 21/10/2025 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

O profesor e político eumés Juan Piñeiro Permuy, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia entre 1990 e 1996, con Manuel Fraga como presidente, faleceu este luns. Piñeiro Permuy, nacido en Boebre, Pontedeume, o 20 de outubro de 1936, contaba con 89 anos de idade, falecendo o mesmo día dos seus aniversarios.

Foi catedrático de Filosofía e Letras e exerceu como inspector de educación na Comunidade de Madrid. Tras o seu período á fronte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no Goberno galego, continuou a súa traxectoria a nivel estatal, sendo nomeado presidente do Consello Escolar do Estado, cargo que ocupou entre 1996 e o ano 2000. A súa figura é lembrada pola súa contribución ao ámbito educativo tanto en Galicia como na administración central do Estado. O enterro terá lugar este mércores, 22 de outubro, ás 13.15 horas, no cemiterio parroquial de Boebre, en Pontedeume.

Juan Piñeiro Permuy
Juan Piñeiro Permuy | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta