A versión de Benigno Sánchez sobre o convenio colectivo da CRTVG

O director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez, lamentou hoxe que non fora refrendado o convenio colectivo que él tiña acordado "por primeira vez na historia" do Ente público cos catro sindicatos; CIG, UXT, CCOO e USO. Por iso, se solidarizou cos sindicalistas que demitiron do Comité de Empresa, aínda que non se considera responsable de que dous tercios dos traballadores teñan rexeitado o convenio en referendum...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 09/11/2006 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

O resultado do referendum non se nos pode impor a nós. Nós non podemos negociar cos 950 traballadores do Ente. Sería ilegal. Para iso hai uns sindicatos, que son os representantes legais dos traballadores e son con eles cos que temos que negociar.

Somos solidarios cos sindicatos que teñen demitido porque todos apostamos por un mesmo proxecto. É unha decisión que lles honra... Non podíamos tormar responsabilidades como se houbera un sindicato vertical. Xa non estamos na época de Franco".

Diego Calvo do PP: "Cómo pode explicar que un convenio colectivo fora rexeitado tan mairoitariamente?... Só foi apoiado polo 20% dos traballadores, o que significa que lle presentaron unha auténtica moción de censura. E cales son as previsións para o 2007?... Os representantes dos comités xa demitiron e, onde están as responsabilidades da dirección?".

María Xosé Vega Buxán do BNG: "O PP deixou un patatal na CRTVG onde, en moitos informativos, e isto seino por xente que lle tocou, se chegou a apartar a redactores para ser substituidos por persoas afíns ao PP con contratos en prácticas. Hai que ser máis prudentes neste tema".

Luis Toxo do PSdeG: "O PPdeG puxo a TVG ao servizo dos que mandaban e iso evidencia unha falta de independencia. É sinxelo correxir estas malas prácticas e hai que seguir facendo o esforzo que xa se está facendo agora".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

28 si

pobre Benigno, o Opus por un lado, o BNG polo outro e no medio a desidencia do PSOE. Até cando aguantará?

27 Curioso

¿Quen pode informar do que hai de certo no que di o confidencial "NoticiasGalicia" sobre a pelexa a labazadas de dous altos cargos da CIA?.Falan dunha liorta entre o reyezuelo e o seu xefe de relacións externas.Este último sería un pastor de ovellas, pelín abrazafarolas.Pero ¿quen é o reyezuelo?.
A noticia parece de ciencia ficción pero tratándose da CIA todo pode ocorrer.

26 alhemaine@lykos.com

Monclús é o infiltrado do Pp na crtvg. Está posto para controlar a Benigno e ó mesmo tempo dificultarlle o labor na crtvg.

Monclús, visitado a miúdo por Cortázar na propia Crtvg, é o que crea o clima de crispación na empresa, é o responsable das ameazas ós traballadores, etc.

A súa misión: crear problemas na crtvg para dificultar o traballo de Benigno e proxectar unha imaxe negativa da compañía e do bipartito. Non esquezamos que a crtvg é a única ventá pola que o goberno se pode amosar limpo de po e palla á sociedade... Pero se a ventá está emporcada... a mimaxe non é tan nítida. É ou non é?

Pois é. Esa é a misión de Monclús. O Pp e o Opus colocáronlle a este topo na compañía, o peor é que Benigno non se entera da xogada. Ou si, pero mira para outro lado por algún interés...

veremos mais...

25 eounone

24 é_ou_non_é?

Veremos mais...