A versión de Benigno Sánchez sobre o convenio colectivo da CRTVG

O director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez, lamentou hoxe que non fora refrendado o convenio colectivo que él tiña acordado "por primeira vez na historia" do Ente público cos catro sindicatos; CIG, UXT, CCOO e USO. Por iso, se solidarizou cos sindicalistas que demitiron do Comité de Empresa, aínda que non se considera responsable de que dous tercios dos traballadores teñan rexeitado o convenio en referendum...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 09/11/2006 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

O resultado do referendum non se nos pode impor a nós. Nós non podemos negociar cos 950 traballadores do Ente. Sería ilegal. Para iso hai uns sindicatos, que son os representantes legais dos traballadores e son con eles cos que temos que negociar.

Somos solidarios cos sindicatos que teñen demitido porque todos apostamos por un mesmo proxecto. É unha decisión que lles honra... Non podíamos tormar responsabilidades como se houbera un sindicato vertical. Xa non estamos na época de Franco".

Diego Calvo do PP: "Cómo pode explicar que un convenio colectivo fora rexeitado tan mairoitariamente?... Só foi apoiado polo 20% dos traballadores, o que significa que lle presentaron unha auténtica moción de censura. E cales son as previsións para o 2007?... Os representantes dos comités xa demitiron e, onde están as responsabilidades da dirección?".

María Xosé Vega Buxán do BNG: "O PP deixou un patatal na CRTVG onde, en moitos informativos, e isto seino por xente que lle tocou, se chegou a apartar a redactores para ser substituidos por persoas afíns ao PP con contratos en prácticas. Hai que ser máis prudentes neste tema".

Luis Toxo do PSdeG: "O PPdeG puxo a TVG ao servizo dos que mandaban e iso evidencia unha falta de independencia. É sinxelo correxir estas malas prácticas e hai que seguir facendo o esforzo que xa se está facendo agora".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

23 Nontenresposta

Eu tamén me pregunto o mesmo ca ti Sfinterman, e a resposta que se me ocorre, arrepíame...

22 Nontenresposta

Eu tamén me pregunto o mesmo ca ti Sfinterman, e a resposta que se me ocorre, arrepíame...

21 Nontenresposta

Eu tamén me pregunto o mesmo ca ti Sfinterman, e a resposta que se me ocorre, arrepíame...

20 Sfinterman

Monclús tamén é do Opus, como Cortázar. Que cousas, non?

E por que estes señores opusianos teñen o monopolio das finanzas da nosa televisión pública. Quen está detrás? Quen os puxo aí? Antes pensabamos que eran os do pepé, pero está visto que non, que dá igual a "ideoloxía" dos partidos gobernantes.

Que alguén me explique como se come esto...

19 Vazquez

Tranquilos todos.A salvación da radio galega estase preparando.Unha candidatura de ¿Independientes?,ja,ja,ja ,ji, ji ,jo,jo, vai sair en breve.
Comandante :un túzaro impresentable que se cre Deus e que vai dando leccións a todo o mundo.Un perdonavidas ,espía do xefe de informativos.¿Quen da máis?Leva a rastras a outros que pensan que se saen elixidos amarran o postiño para sempre.
Xa non sei canto máis baixo imos caer.¿quen lle diría a este cretino que vai conseguir votos se todo o mundo sabe que é un tapado da CIG?.Sé un pouco espabilado !homiño de Deus!, tes a tendencia a pensar que todo o mundo é parvo e ti ,pedazo de iluminado, a última coca-cola do deserto.
NON teñas medo , en breve poñeremoste no teu sitio:na puta rua que é onde debes estar por falso,traidor e matón.
!QUE TE VAIAN DANDO A TI E A TEUS MENTORES-AS:A FLACA, A GORDA E O BIROLLO!