A versión de Benigno Sánchez sobre o convenio colectivo da CRTVG

O director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez, lamentou hoxe que non fora refrendado o convenio colectivo que él tiña acordado "por primeira vez na historia" do Ente público cos catro sindicatos; CIG, UXT, CCOO e USO. Por iso, se solidarizou cos sindicalistas que demitiron do Comité de Empresa, aínda que non se considera responsable de que dous tercios dos traballadores teñan rexeitado o convenio en referendum...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 09/11/2006 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

O resultado do referendum non se nos pode impor a nós. Nós non podemos negociar cos 950 traballadores do Ente. Sería ilegal. Para iso hai uns sindicatos, que son os representantes legais dos traballadores e son con eles cos que temos que negociar.

Somos solidarios cos sindicatos que teñen demitido porque todos apostamos por un mesmo proxecto. É unha decisión que lles honra... Non podíamos tormar responsabilidades como se houbera un sindicato vertical. Xa non estamos na época de Franco".

Diego Calvo do PP: "Cómo pode explicar que un convenio colectivo fora rexeitado tan mairoitariamente?... Só foi apoiado polo 20% dos traballadores, o que significa que lle presentaron unha auténtica moción de censura. E cales son as previsións para o 2007?... Os representantes dos comités xa demitiron e, onde están as responsabilidades da dirección?".

María Xosé Vega Buxán do BNG: "O PP deixou un patatal na CRTVG onde, en moitos informativos, e isto seino por xente que lle tocou, se chegou a apartar a redactores para ser substituidos por persoas afíns ao PP con contratos en prácticas. Hai que ser máis prudentes neste tema".

Luis Toxo do PSdeG: "O PPdeG puxo a TVG ao servizo dos que mandaban e iso evidencia unha falta de independencia. É sinxelo correxir estas malas prácticas e hai que seguir facendo o esforzo que xa se está facendo agora".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

18 aindaquedamemoria

BNG e PSOE apoiaron a elección consensuada no Parlamento do director xeral da CRTVG. Que pasou agora con iso. É máis facil nomear un a dedo, non????????????

17 kos

F tes o posto por F, nada mais que por eso. Por nada mais.

16 Galiciaconfidencial

Efectivamente, tolín e in. Estamos vendo que coas informacións da CRTVG imos ter que editalas sen comentario. A pesar das apelacións a boa cordura da xente, non hai maneira con algúns impresentables. É máis, estamos pensando en dar o IP e a orixe do comentario dos debanditos como sigan insultando gratuítamente. Se queredes discutir facedeo polas vías correctas, deixando de lado os insultos e aportando argumentacións. A alusión a nomes, ou ben van con iniciais, ou senón serán borrados. Un saúdo

15 tolín

Completamente dacordo con "in". Este non é o lugar para soltar difamacións gratuítas sobre ninguén; é máis, os mesmo administradores da páxina debían filtralas e eliminalas, pois a filosofía deste tipo de foros non consiste en amparar a cobardes como "sera".
Aquí estamos para opinar e achegar informacións sobre o grave e preocupante proceso de colegueo entre a dirección da CRTVG e os sindicatos que alí teñen representación. Os que non teñan ideas ao respecto que se absteñan.

14 tolín

Completamente dacordo con "in". Este non é o lugar para soltar difamacións gratuítas sobre ninguén; é máis, os mesmo administradores da páxina debían filtralas e eliminalas, pois a filosofía deste tipo de foros non consiste en amparar a cobardes como "sera".
Aquí estamos para opinar e achegar informacións sobre o grave e preocupante proceso de colegueo entre a dirección da CRTVG e os sindicatos que alí teñen representación. Os que non teñan ideas ao respecto que se absteñan.