A versión de Benigno Sánchez sobre o convenio colectivo da CRTVG

O director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez, lamentou hoxe que non fora refrendado o convenio colectivo que él tiña acordado "por primeira vez na historia" do Ente público cos catro sindicatos; CIG, UXT, CCOO e USO. Por iso, se solidarizou cos sindicalistas que demitiron do Comité de Empresa, aínda que non se considera responsable de que dous tercios dos traballadores teñan rexeitado o convenio en referendum...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 09/11/2006 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

O resultado do referendum non se nos pode impor a nós. Nós non podemos negociar cos 950 traballadores do Ente. Sería ilegal. Para iso hai uns sindicatos, que son os representantes legais dos traballadores e son con eles cos que temos que negociar.

Somos solidarios cos sindicatos que teñen demitido porque todos apostamos por un mesmo proxecto. É unha decisión que lles honra... Non podíamos tormar responsabilidades como se houbera un sindicato vertical. Xa non estamos na época de Franco".

Diego Calvo do PP: "Cómo pode explicar que un convenio colectivo fora rexeitado tan mairoitariamente?... Só foi apoiado polo 20% dos traballadores, o que significa que lle presentaron unha auténtica moción de censura. E cales son as previsións para o 2007?... Os representantes dos comités xa demitiron e, onde están as responsabilidades da dirección?".

María Xosé Vega Buxán do BNG: "O PP deixou un patatal na CRTVG onde, en moitos informativos, e isto seino por xente que lle tocou, se chegou a apartar a redactores para ser substituidos por persoas afíns ao PP con contratos en prácticas. Hai que ser máis prudentes neste tema".

Luis Toxo do PSdeG: "O PPdeG puxo a TVG ao servizo dos que mandaban e iso evidencia unha falta de independencia. É sinxelo correxir estas malas prácticas e hai que seguir facendo o esforzo que xa se está facendo agora".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

13 in

pero de que vais aqui para andar difamando y pasándose con el personal? mañana cuelgo yo aquí cualquier barbaridad y ala, a joderse el o la aludido/a.Me solidarizo con todos los nombres que aquí salen, y más, sin pruebas ni hostias. Esto es realmente peligroso, aparte de sucio y rastrero.No se puede uno amparar en el cobarde anonimato para insultar a los demás, posiblemente por causas innobles, motivos personales u otras bajezas. Va para "sera" y otros u otras como tal.

12 Panorama!

Non sei se a demisión de Benigno arranxaría a situación. Creo que non. El é só outro problema engadido. Un politiquiño máis. Vou repetir o que dixen noutra sección. Existen, como existían na anterior dictadura, cargos de responsabilidade que son cadros servís dos partidos ou xestores que pensan que é o mesmo poñer unha inxección que dirixir un informativo. Que méritos presentou RC máis que o servilismo para acceder a ese posto? Vemos que non importa, no caso da Caraced, vir de redactar noticias que non se entenden, perpetrar directos apocalípticos e escribir con faltas de ortografía se lle ris as gracias ó eminente Pepiño Blanco (ainda que non as entendas). Suplen a súa incapacidade coa entrega á causa de turno, a que dicten os de riba. Os gregarios son valorados e adquiren responsabilidade. Recelan dos que só se adican ó seu traballo, dos que saben facer o seu labor e non entran no xogo do mamoneo. E non os cuestiones, porque te alinean en seguida cos do PP. Ou connosco ou contra nós, isto é, cos outros.

Despois, uns sindicatos que agardaron ter un goberno afín para lexitimarse no seu. A enorme maioría deles son pésimos traballadores e, por máis, están á marxe dos problemas reais da maioría dos que alí traballamos. De verdade esperaban que, en vez de votar non no referendum, os vitoreasemos por estar de acordo coa empresa?

E fóra disto, que nos queda? Os traballadores ninguneados sacan adiante a emisión, a xente das delegacións curra nuns turnos de gulag puteada por todos, mentres uns responsables que en calquera empresa estarían realizando os labores para os que están cualificados (no caso de Edelmira non se me ocurre cales poden ser) están encantados consigo mesmos, e uns sindicatos enrocados nos seus privilexios fanlle as beiras a un bipartito a paos, que o que menos lle preocupa é que se ve e quen o ve. Vaia panorama! Os que votamos esquerda, desde logo, nunca pensamos que consistía nos mesmos hábitos do PP con máis incompetencia e ese pasmoso aire de superioridade moral. Cousas veredes!

11 AFECTAD@S LISTAXES

ESTO É UNHA MENSAXE PARA TODOS OS QUE PRESENTAMOS DOCUMENTACIÓN PARA QUEDAR NAS LISTAXES DE CONTRATACIÓN DA CRTVG. FIXEMOS CARÍSIMAS COMPULSAS, GASTAMOS CARTOS INUTILMENTE XENTE QUE A MAIORÍA ESTÁ NO PARO OU CON TRABALLOS PRECARIOS, E AGORA VEÑEN A DICIR QUE AS LISTAXES NON SON VÁLIDAS. ¿É ESTA UNHA EMPRESA PÚBLICA SERIA?. PROPOÑO QUE NOS UNAMOS TODOS PARA PROTESTAR PUBLICAMENTE POR ESTA INXUSTIZA

10 AFECTAD@S LISTAXES

ESTO É UNHA MENSAXE PARA TODOS OS QUE PRESENTAMOS DOCUMENTACIÓN PARA QUEDAR NAS LISTAXES DE CONTRATACIÓN DA CRTVG. FIXEMOS CARÍSIMAS COMPULSAS, GASTAMOS CARTOS INUTILMENTE XENTE QUE A MAIORÍA ESTÁ NO PARO OU CON TRABALLOS PRECARIOS, E AGORA VEÑEN A DICIR QUE AS LISTAXES NON SON VÁLIDAS. ¿É ESTA UNHA EMPRESA PÚBLICA SERIA?. PROPOÑO QUE NOS UNAMOS TODOS PARA PROTESTAR PUBLICAMENTE POR ESTA INXUSTIZA

9 Merda pra todos

O Benigno tería que dimitir e deixar que elixiran o seu sustituto no pralamento, como dicían os progresistas antes de gañaren as eleccións