A versión de Benigno Sánchez sobre o convenio colectivo da CRTVG

O director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez, lamentou hoxe que non fora refrendado o convenio colectivo que él tiña acordado "por primeira vez na historia" do Ente público cos catro sindicatos; CIG, UXT, CCOO e USO. Por iso, se solidarizou cos sindicalistas que demitiron do Comité de Empresa, aínda que non se considera responsable de que dous tercios dos traballadores teñan rexeitado o convenio en referendum...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 09/11/2006 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

O resultado do referendum non se nos pode impor a nós. Nós non podemos negociar cos 950 traballadores do Ente. Sería ilegal. Para iso hai uns sindicatos, que son os representantes legais dos traballadores e son con eles cos que temos que negociar.

Somos solidarios cos sindicatos que teñen demitido porque todos apostamos por un mesmo proxecto. É unha decisión que lles honra... Non podíamos tormar responsabilidades como se houbera un sindicato vertical. Xa non estamos na época de Franco".

Diego Calvo do PP: "Cómo pode explicar que un convenio colectivo fora rexeitado tan mairoitariamente?... Só foi apoiado polo 20% dos traballadores, o que significa que lle presentaron unha auténtica moción de censura. E cales son as previsións para o 2007?... Os representantes dos comités xa demitiron e, onde están as responsabilidades da dirección?".

María Xosé Vega Buxán do BNG: "O PP deixou un patatal na CRTVG onde, en moitos informativos, e isto seino por xente que lle tocou, se chegou a apartar a redactores para ser substituidos por persoas afíns ao PP con contratos en prácticas. Hai que ser máis prudentes neste tema".

Luis Toxo do PSdeG: "O PPdeG puxo a TVG ao servizo dos que mandaban e iso evidencia unha falta de independencia. É sinxelo correxir estas malas prácticas e hai que seguir facendo o esforzo que xa se está facendo agora".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

3 xx

realmente es raro. Yo felicito , como aurora, al conjunto de los trabajadores, que , en referendum, con altísima participación, tomaron una decisión, la que sea. En este caso no me importa cual fuese. La esencia es la participación y la abrumadora elección, decisión. Si es lo contrario de lo que defendia el comité de empresa, indica que ese comité no defiende, no representa mas bien a esos trabajadores.Efecto? nuevo comité que represente a los trabajadores. Es facilísimo.

2 giana

merda pra todos! fixen compulsas a mazo pra poder entra na tvg, e agora seica non valen pra ren. Que banco de datos de que? que aljen me esplique tal cousa. Imos ir os 9000mil das listas estas a darlle polo ... ós do comité ese e a o tal benijno, XA!.

1 aurora

benigno: se o rexeitamento foi tan maioritario, con tan alta partipación dos traballadores no referendum, cun rotundo NON o preacordo do convenio, como entonces se che ocorre felicitar ós do comité, felicitar ós sindicalistas do comité da crtvg, que levan anos apoltronados? o normal é a dimisión INMEDIATA E REAL do comité. Elecccions inmediatas , novo comité, NOVO, xente nova, non os mesmos, que seica non saben traballar, xa non digo defenderen os intereses dos traballadores. Está claro que xa, coas firmas , coas mais das 500 firmas de censura a sua laboura tiñan xa que ter dimitido, e seguen ai, en funcións, formando tribunais para un banco de datos de grafistas, amedrentando ós traballadors contratados que, ollo, non foron os que rexeitaron o convenio, non, foron A MAIORIA DOS TRABALLADORES DA crtv! E QUE É APLASTANTE! a maioria dos traballadores rexeitan o convenio! e os sindicatos firmaban! o comité! é evidente que a dissintonia comite-traballadores é unha realidade, non temos nada que decir. Pero alucino! felicita ós do comité, felicita ös sindicatos! temos que felicitar todos ós traballadores, en ASAMBLEA, que dicen que NON, que dicen fora comité, comité novo! pero a que andamos. E ollo: que ningún partido político faga beneficio dunha decisión laboral. Non politicedes a decisión dun colectivo de traballadores, señores do PP, do BNG, do PSdG. Non tedes nada que decir. Esto é un tema laboral, ainda que parte da culpa da situación dos traballadores é do anterior governo, claro está. Ben, o que queremos os traballadores da crtvg, tanto fixos como os contratados, colectivo por certo maltratado agora mesmo, replesaliado tanto pola empresa como polos seus "representantes", que lles votan as culpas do rexeitamento ö preacordo ( que miren os porcentaxes de contratados votantes, os que votaron, , que fagan contas, tete o sabe, cala, santiago o sabe, cala etc.) o que queremos son novas caras no comité, eleccions XA. Que parece que non queren deixar o posto, vaia.Levo moitos anos traballando na empresa, e levo tempo vendo o maltrato ós contratados,,pero agora estanse a pasar con eles, qué bestias! Mira benigno, felicita á democracia, felicita ós traballadores, felicita á liberdade. Algo estades a facer ben. Pero mira, que foran os traballadores os que rexeitaron o preacordo é moi significativo. Unha´cousa: pp, bng, psdg, tomade nota. Consello de administración, arreglade o tema dos contratados que levan ANOS traballando, sacando aá empresa adiante. E non vos olvidedes das delegacións, xente que leva tamén anos traballando para a tvg. Os que o fixeron en exclusiva , deben ser fixos xa, ou ben das empresas nas que estaban contratados, ou ben na matriz. Sorte a todas todos. Benigno, acórdate, felicita ó conxunto dos traballadores, menuda lección de democracia! NON o convenio, DIMISIÓN REAL DO COMITE. . Inmediata, nin fincios nin hostias (perdón)