Tensión na TVG

O produtor de 'Reporteiros', casado coa directora da TVG, chega ás mans cun redactor do programa. Os implicados restan importancia ao acontecido.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 13/04/2010 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

Manuel Gómez, productor do programa 'Reporteiros', e o coñecido xornalista e redactor dese mesmo programa, Manuel Pampín, chegaron este martes ás mans logo de protagonizar unha acalorada discusión na redacción.

Segundo as fontes consultadas por GC, a discusión comezou cando Gómez rexeitou a petición de Pampin que reclamara unha cámara para ir a gravar imaxes para unhas das reportaxes deste programa. Entón deu inicio a unha discusión cun intercambio de duros reproches que acabou en empuxóns, con Pampín cun rabuñazo e co ex xefe de Producción, Daniel Piñeiro, cun golpe propinado por Gómez mentres tentaba separar aos dous profesionais.

None

"discusión normal"

Se algúns dos implicados denuncia a situación, a dirección da TVG podería abrir sendos expedientes por comportamentos graves na empresa. Dase a circunstancia de que, de abrir estas dilixencias, a directora da TVG tería que sancionar ao seu home. Con todo, probablemente a discusión non pasará a máis porque ningún dos implicados está interesado en dar "máis propaganda" ao que consideran unha "discusión normal" de traballo. Tampouco ningún dos dous pediu a mediación dos sindicatos da CRTVG. "Discutimos por unha cuestión de operatividade diaria pero aos dez minutos xa estabamos sentados os dous un fronte ao outro, coma sempre", apunta Pampín a este medio. O programa Reporteiros está dirixido por Manolo Maceiras, que esa tamén casado coa directora de informativos, Pilar Bermúdez.

"Guerra civil"

Xornalistas da TVG consultados aseguran que a situación na CRTVG está "moi tensa" e o incidente de hoxe non é máis que a "expresión desa tensión". "O caos da nova dirección e a incertidume das oposición están creandoun caldo de cultivo que pode acabar nunha autentica guerra civil", apuntan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

5 javier

Xa me molaria ver a panpo contra Taisonnnn,que no passa nada home.Que todo queda na casa!!!

4 Así non

Que Pampín acabou cun rabuñazo? Non é a versión que me chegou a min, de fontes absolutamente fiables. A cousa foi máis grave.

3 Alfonso García

Disque lle van mudar o nome ao programa. "Peixeiras en familia", será o novo. ;) Por favor, estas pelexas en entes pagados cos cartos de todos, queremos que as televisen tamén. Non hai por aí un bo cristián que a gravara co móbil e a subir a youtube?

2 haiqueroelo

Se non se sanciona ós dous (a ver os sindicatos onde están) dáse por feito que as cousas na TVG só se van arranxar a ostias. Os traballadores terán que pedir escolta para ir a San Marcos. En 25 anos que leva a TVG de andaina, sempre houbo discusións, como é normal, pero nunca se chegara as mans. A dirección debe abrir expediente e, se é o caso, despedilos. O que ocorreu non é de recibo, nin "normal", como dí Pampín. Nin siquera é habitual ese tipo de discusións. Por outro lado, sí é certo que toda a familia está nese programa....jijijijijiji...só faltan os fillos.

1 lucia

xa vexo,traballa a familias en pleno na tvg,os galegos non esperabamos outra cousa