Tensión na TVG

O produtor de 'Reporteiros', casado coa directora da TVG, chega ás mans cun redactor do programa. Os implicados restan importancia ao acontecido.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 13/04/2010 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

Manuel Gómez, productor do programa 'Reporteiros', e o coñecido xornalista e redactor dese mesmo programa, Manuel Pampín, chegaron este martes ás mans logo de protagonizar unha acalorada discusión na redacción.

Segundo as fontes consultadas por GC, a discusión comezou cando Gómez rexeitou a petición de Pampin que reclamara unha cámara para ir a gravar imaxes para unhas das reportaxes deste programa. Entón deu inicio a unha discusión cun intercambio de duros reproches que acabou en empuxóns, con Pampín cun rabuñazo e co ex xefe de Producción, Daniel Piñeiro, cun golpe propinado por Gómez mentres tentaba separar aos dous profesionais.

None

"discusión normal"

Se algúns dos implicados denuncia a situación, a dirección da TVG podería abrir sendos expedientes por comportamentos graves na empresa. Dase a circunstancia de que, de abrir estas dilixencias, a directora da TVG tería que sancionar ao seu home. Con todo, probablemente a discusión non pasará a máis porque ningún dos implicados está interesado en dar "máis propaganda" ao que consideran unha "discusión normal" de traballo. Tampouco ningún dos dous pediu a mediación dos sindicatos da CRTVG. "Discutimos por unha cuestión de operatividade diaria pero aos dez minutos xa estabamos sentados os dous un fronte ao outro, coma sempre", apunta Pampín a este medio. O programa Reporteiros está dirixido por Manolo Maceiras, que esa tamén casado coa directora de informativos, Pilar Bermúdez.

"Guerra civil"

Xornalistas da TVG consultados aseguran que a situación na CRTVG está "moi tensa" e o incidente de hoxe non é máis que a "expresión desa tensión". "O caos da nova dirección e a incertidume das oposición están creandoun caldo de cultivo que pode acabar nunha autentica guerra civil", apuntan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

45 nontenremedio...?

CRTVG - TVG - RG: ...XEFES INTERMEDIOS DELINCUENTES OU INUTILES,FUNCIONARIOS (CON TITULO)PARASITOS,FILLOS DE PAPÁ SEN OFICIO NEN BENEFICIO,SINDICATOS E SINDICALISTAS ASPIRANTES A POLITICOS CORRUPTOS DE TERCEIRA (OU MENOS)TRANSEUNTES DA "CULTURA E/OU COMUNICACION" SNOBS MAMAQUEROSERARTISTAS E "MUY CORTITOS", E O RESTO MALPOCADOS PROFESIONAIS (MAIS DE UN DOS MELLORES DO PAIS)PUTEADOS E MARXINADOS PARA NON POÑER EN EVIDENCIA TANTA INCOMPETENCIA.....

44 Termite

Pero a realidade é que hai moita xente na TVG, a maioria dos xornalistas, (moita xente nova con ganas e que si teñen a titulación), profesionais que traballan e moito sen que nin siquera se lles recdoñeza o seu traballo porque a incompetencia é a raíña en Santiago. E cantos que agardan que unha sentenza recoñeza que son traballadores da Televisión de Galicia cando levan 12 anos traballando nela, mentres outros que nin fixeron nin saben facer noticias, sentados co cú na silla mandan e ordenan sen criterio e só cun interese partidista, o do PP de Feijóo. Penoso, de verdade.

43 Termite

O que está acontecendo na TVG é vergoñento de verdade, a nosa televisión pública, á que vexo que moita xente aquí só identifica como Telejaita, ou panda de vagos e gaiteiros... É certo que hai moitos vagos e incompetentes, pero eses son a maioría dos que dirixen, organizan, editan sen saber o que queren editar e falan só do que queren falar, eses "lumbreras" son os que hoxe levan as rendas da televisión pública e o resultado vense se ve, perda de audiencia e manipulación e manipulación, contidos baleiros e novas anecdóticas contadas de xeito express.

42 Regenerado

Al regenerador simpatizante del PP sugerirle educadamente que se regenere el cerebro. Foro Aberto, ese "programa crítico" (ja, ja, ja!!!) del "gran" Carlos Luís ("gran" co-autor de "El Prestige, la verdad a flote") es de todo menos objetivo e imparcial. La CENSURA es una de las herramienta más manejadas por sus trabajadores, algo que muchos de ustedes desconocen porque no trabajan allí.

41 axencia tributaria

Pues la directora no aparece desde el día de autos por la tendremos que llamar a la guardia civil?, o solo fue a pedirle prestada la pistola a su hermanito

1 McEnroe

Que bastada amig@!