Tensión na TVG

O produtor de 'Reporteiros', casado coa directora da TVG, chega ás mans cun redactor do programa. Os implicados restan importancia ao acontecido.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 13/04/2010 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

Manuel Gómez, productor do programa 'Reporteiros', e o coñecido xornalista e redactor dese mesmo programa, Manuel Pampín, chegaron este martes ás mans logo de protagonizar unha acalorada discusión na redacción.

Segundo as fontes consultadas por GC, a discusión comezou cando Gómez rexeitou a petición de Pampin que reclamara unha cámara para ir a gravar imaxes para unhas das reportaxes deste programa. Entón deu inicio a unha discusión cun intercambio de duros reproches que acabou en empuxóns, con Pampín cun rabuñazo e co ex xefe de Producción, Daniel Piñeiro, cun golpe propinado por Gómez mentres tentaba separar aos dous profesionais.

None

"discusión normal"

Se algúns dos implicados denuncia a situación, a dirección da TVG podería abrir sendos expedientes por comportamentos graves na empresa. Dase a circunstancia de que, de abrir estas dilixencias, a directora da TVG tería que sancionar ao seu home. Con todo, probablemente a discusión non pasará a máis porque ningún dos implicados está interesado en dar "máis propaganda" ao que consideran unha "discusión normal" de traballo. Tampouco ningún dos dous pediu a mediación dos sindicatos da CRTVG. "Discutimos por unha cuestión de operatividade diaria pero aos dez minutos xa estabamos sentados os dous un fronte ao outro, coma sempre", apunta Pampín a este medio. O programa Reporteiros está dirixido por Manolo Maceiras, que esa tamén casado coa directora de informativos, Pilar Bermúdez.

"Guerra civil"

Xornalistas da TVG consultados aseguran que a situación na CRTVG está "moi tensa" e o incidente de hoxe non é máis que a "expresión desa tensión". "O caos da nova dirección e a incertidume das oposición están creandoun caldo de cultivo que pode acabar nunha autentica guerra civil", apuntan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

40 Deltatao

----En la CRTVG estan los mejores profesionales de la Radio y de la Tele de galicia,pero tambien estan...(&%$"/&!!!!) y ademas para desgracia de los buenos profesionales estan los "jefes-comisarios, panda de paletos,incompetentes e inutiles" que lo joden todo. Pero esa sarna la sufre esa casa desde su fundacion y hasta nuestros dias. Como en todo existen "casos aislados" de jefes competentes,pero son los menos.

39 Guás

Todo o que ten que ver coa TELEJAITA tómase a cachondeo. É normal que haxa roces, trompadas e rabuñazos, porque nos pasillos e na cafetería non colle máis xente. Que pena de país, que pena de televisión, que pena de XABARIN CLUB onde actuaría con máis realismo o citado Manolón.

38 Estou Farto

Os galegos debemos replantexarnos manter ese monstruo que é a telegaita. Eu recoñezco que cando hai eleccions municipáis estaba moi ben, mais nestes tempos de internet pódese seguir calqueira elección en tempo real desde calqueira lugar do mundo. ¿Entón para que carallo queremos a telegaita? ¿Para o LUAR? ¿Para enterarnos que unha vaca pareu tenreiras con dous rabos? ... porque para outra cousa ... ¿O idioma? ... pero se non saben falar galego nin o 10% dos presentadores. Asi que os jallosos, os tonechos, os piñeiros, os pampíns, os pampóns, e a nai cos pareu a todos por min que se vaian a rañala por ahí, xa está ben, home.

37 tés razon.......

Tés razon haiqueroelo.........moita razón.....esas,e moitas outras cousas peores son o xeito de ADMINISTRAR e XESTIONAR un SERVICIO PUBLICO - ¿E NON TEREMOS MANEIRA DE ACABAR DUNHA PUTA VEZ CON TANTO DELINCUENTE.....? - E O TENDERETE SINDICAL......? - - "NON HAI MAL QUE CEN ANOS DURE....NIN CORPO QUE O AGHUANTE" - SAÚDOS....

36 regenerando! que es gerundio

Pues a mí me mola bastante la tele del PP moderno. Así que las chicas se ponen las mechas con las maquilladoras de la tele... Hombre la imagen hay que cuidarla. Menos mal que nos queda un programa crítico como Foro Alberto con el gran Carlos Luis al frente.