Tensión na TVG

O produtor de 'Reporteiros', casado coa directora da TVG, chega ás mans cun redactor do programa. Os implicados restan importancia ao acontecido.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 13/04/2010 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

Manuel Gómez, productor do programa 'Reporteiros', e o coñecido xornalista e redactor dese mesmo programa, Manuel Pampín, chegaron este martes ás mans logo de protagonizar unha acalorada discusión na redacción.

Segundo as fontes consultadas por GC, a discusión comezou cando Gómez rexeitou a petición de Pampin que reclamara unha cámara para ir a gravar imaxes para unhas das reportaxes deste programa. Entón deu inicio a unha discusión cun intercambio de duros reproches que acabou en empuxóns, con Pampín cun rabuñazo e co ex xefe de Producción, Daniel Piñeiro, cun golpe propinado por Gómez mentres tentaba separar aos dous profesionais.

None

"discusión normal"

Se algúns dos implicados denuncia a situación, a dirección da TVG podería abrir sendos expedientes por comportamentos graves na empresa. Dase a circunstancia de que, de abrir estas dilixencias, a directora da TVG tería que sancionar ao seu home. Con todo, probablemente a discusión non pasará a máis porque ningún dos implicados está interesado en dar "máis propaganda" ao que consideran unha "discusión normal" de traballo. Tampouco ningún dos dous pediu a mediación dos sindicatos da CRTVG. "Discutimos por unha cuestión de operatividade diaria pero aos dez minutos xa estabamos sentados os dous un fronte ao outro, coma sempre", apunta Pampín a este medio. O programa Reporteiros está dirixido por Manolo Maceiras, que esa tamén casado coa directora de informativos, Pilar Bermúdez.

"Guerra civil"

Xornalistas da TVG consultados aseguran que a situación na CRTVG está "moi tensa" e o incidente de hoxe non é máis que a "expresión desa tensión". "O caos da nova dirección e a incertidume das oposición están creandoun caldo de cultivo que pode acabar nunha autentica guerra civil", apuntan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

35 jepeto

Esto xa é o colmo. Según os meus datos, o marido da directora da TVG é un macarra incompetente que non ten nin un amigo. O Pampín estará cabreado porque o PP volveu marxinalo, e por ahí viría a historia, seguro. A lástima é que non acabaran os dous no hospital. Así quedarían dous postos de traballo para xente nova e con ilusión, e non estes carcamales.

34 Física da TVG

O coeficiente de rozamento no chan da TVG é moi alto e da moita seguridade. Os seus empregados tenden a camiñar cada vez máis a modiño por non gastar os zapatos ata que se paran e deixan de moverse. Entón faiselles director de algo, xefe de algo, ou dáselles un postiño cómodo para que teñan onde sentar e non se manquen nin molesten os viandantes. Esta situación realmente non é rentable, xa que hai que manter a moita xente aparcada nos pasillos. Se o chan fose un pouco máis esbaradizo, sen chegar a ser perigoso, os empregados andarían un pouco máis lixeiros, e con ollo de non levar unha boa hostia. Esta lei é aplicable o chan da Xunta e da Administración en xeral. Todo culpa do maldito rozamento.

33 anonimo

A min que son de fora, non de Galicia, senón de fora da TVG, gustaríame que as mechas, as indemnizacións, os cartos para Haití, o orzamento de Luar, de Reporteiros, de Land Rober, as subvencións para as eternas startups do audiovisual (que levan 20 anos arrancando) e os cartos para manter a tanta panda de acomodados, destinárase a pagar os incobrados da Lei de dependencia, a millorar as comunicacións, a apoiar ó emprendedores e a millorar os servizos públicos de Galicia que para iso son cartos de todos.

32 Birra o copa?. Las dos!

Si, el director del programa lleva muchos años haciendo méritos dentro y fuera del trabajo. "Su" programa debería estar patrocinado por Estrella Galicia o Jhonnie Walker, no digo más... Y en cuanto a ella, su querida esposa, la peluquería le sale gratis: las mechas se las pagamos entre todos. La verdad, yo preferiría enviar ese dinero a Haití.

31 pampín for president

A mí me hubiera gustado que Pampín le hubiese pegado una buena leche al marido de..., que a su mujer le pegase un parrús del susto, que al director del programa le hubieran hecho protagonista del anuncio de Amstel (la cerveza que da más) y que a su mujer, le hubiesen puesto unas mechas ROJAS.... Ah, y todo eso, bendecido por Cabaleiro....