Un columnista de la Gaceta pide a desaparición de Fran P. Lorenzo

Galicia Hoxe publicou un artigo crítico co gasto no Papa. A Igrexa protestou, o texto desapareceu da web e Fran P. Lorenzo non volveu a publicar as súas opinións na contraportada.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 29/10/2010 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

O "Vai de blog" de Fran P. Lorenzo fallou este xoves a cita que hai sete anos mantiña cos lectores da contraportada do Galicia Hoxe, o único diario 100% en galego que edita Editorial Compostela, matriz de El Correo Gallego.

None

Nunha sorprendente estratexia, Galicia Hoxe botou días publicando cartas ao director, a miúdo chegadas de fóra de Galicia, moi duras contra o último artigo de Fran P. Lorenzo.

O comunicador atacara os “controis policiais, restrición do tráfico e rexistros domiciliares, incluídos, que afectarán singularmente a todas e todos aqueles cuxa vontade e albedrío van ser vulnerados en aras dun rédito político que, con iso contan os organizadores do sarao, beneficiará a todos os persoeiros que teñan acceso á fotografía oficial”.

"Insulto despiadado"

Ao día seguinte, o Arcebispado de Santiago deu a coñecer o “seu profundo disgusto” nun comunicado. Os curas argumentan que “a libertad de expresión no es una patente de corso para el insulto despiadado y la manipulación de escasísimo gusto, por otra parte, de una fotografía que por su exceso y zafiedad suscita un rechazo inmediato”.

A "fotografía" á que se refire o Arcebispado é en realidade unha fotomontaxe humorística tamén reproducida nesta noticia por Galicia Confidencial.

O resultado final foi que o artigo desapareceu da web de Galicia Hoxe, onde estivo todo un día publicado, e que Fran P. Lorenzo non volveu a escribir os seus artigosde opinión.. O arcebispado mantivo reunións coa cúpula da Editorial Compostela, coa que tradicionalmente mantén boas relacións, para avaliar o polémico asunto, sobre o que resto des medios e o Colexio de Xornalistas gardaron silencio.

A presión contra o autor chegou tamén dende o grupo Intereconomía – La Gaceta. Francisco José Fernández de la Cigoña é o experto encargado de información relixiosa deste grupo próximo á extrema dereita.

"Propia de un malnacido"

O informador despáchase a gusto contra Lorenzo. Tras apelar a “caballerosidad, religión y patriotismo” do editor de El Correo e gabar a presunta censura do texto, de la Cigoña reclama que “tiene que desaparecer también quien perpetró la fechoría”.

Velaquí a parte do artigo do tertuliano de Interconomía. Xulguen vostesdes mesmos:

El otro hecho vergonzoso es la actitud ante la visita del Papa de determinados medios y personas. Entiendo que haya gente que no tenga simpatía a Benedicto XVI pero la fotografía manipulada que ha publicado Galicia Hoxe del Santo Padre es tan soez, tan agresiva para con los sentimientos católicos, tan propia de un malnacido, que rebasa ya lo inaceptable para caer en la basura más asquerosa. Da la impresión que ese libelo está vinculado a El Correo Gallego, propiedad de Feliciano Barrera. No tengo la menor duda sobre este gallego ilustre por tantos conceptos y de cuya caballerosidad, religión y patriotismo tengo constancia aunque hace muchos años que no hablo con él. Tiene mucha edad y estoy seguro de que no se enteró de esa vergüenza. Una oportunísima e inmediata protesta del arzobispado, o tal vez la decisión de Barrera, hizo desaparecer la vergonzosa página de la publicación. Pero no basta. Tiene que desaparecer también quien perpetró la fechoría. O en otro caso los católicos deberían tomar nota de que ese periódico no puede entrar en sus casas. Y hasta boicotear los productos cuyos anuncios lo sostienen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 64 comentarios

19 Alba

A resposta de Fran P. Lorenzo a este atentado contra a liberdade de expresión atópase neste link: http://unpaisenlata.wordpress.com/ Tendo en conta que este xornalista non volveu aparecer na contraportada de Galicia Hoxe é de supoñer que este diario non lle concedeu a Fran P. Lorenzo o seu dereito a réplica.

18 Gromit

Eu não sei que problema há com a fotografia. Creio lembrar que essa seta religiosa tem como logotipo um homem cruelmente crucificado!!!

17 Manoliño

Por certo, hoxe Paco Vázquez (que xa se sabe que é o demo, pero di cousas lóxicas e que entende todo o mundo, sinalaba na Voz que coa visita do Papa, a Galicia caéralle, non a lotería, os Euromillones. A proxección internacional que terá Santiago e o resto de Galicia, que hai uns dous mil periodistas acreditados e a sinal retransmitiráse a todo o mundo ¿canto custaría en publicidade? Eu sigo botando en falta, que fronte a eses 3,1 millóns de euros que custa a visita do papa, alguén diga canto nos custan os partidos e os sindicatos. Grazas.

1 Rosenrot

Yo bien daría por buenos los millones invertidos si se ve, efectivamente, un beneficio para nuestra Comunidad. Y ha dado en la clave de los gastos en partidos políticos y sindicatos. En el caso de los partidos políticos, estos se sufragan en gran parte por el número de votos y escaños obtenidos, mas, también seria de recibo modificar la Ley Electoral, ya que en justicia, concede menos escaños por las mismas papeletas a grupos como Izquierda Unida -con los que no comparto sus bases ideológicas, pero respeto, como no podría ser de otro modo-. No considero adecuado el excesivo gasto en medios de comunicación por parte de Estado y CCAA, habida cuenta que los medios de comunicación, han sido, desde siempre, buscadores de determinados hechos que han de ser contrastados con los presentados por los gobiernos; los países donde las libertades florecen son aquellas en las que esos medios periodísticos no son perseguidos ni condicionados a ser un segundo BOE o DOGA

16 Palmeira

Só digo unha cousa... Para cando chegue o Papa e se tedes irmáns,crianÇas... agochádeas!!! Xa sabedes de que pé coxean estes da túnica... Creo que en menos dun mes aparece Sánchez Dragó... O mesmo vos digo: COIDADO COAS CRIANçAS! QUE NON SAIAN Á RÚA!!

15 Daniel

Nada oye, menos lloros y a pedir trabajo en Público, Cadena Ser, El País, Tele 5, etc, etc, etc. Tienes donde escoger