Un columnista de la Gaceta pide a desaparición de Fran P. Lorenzo

Galicia Hoxe publicou un artigo crítico co gasto no Papa. A Igrexa protestou, o texto desapareceu da web e Fran P. Lorenzo non volveu a publicar as súas opinións na contraportada.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 29/10/2010 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

O "Vai de blog" de Fran P. Lorenzo fallou este xoves a cita que hai sete anos mantiña cos lectores da contraportada do Galicia Hoxe, o único diario 100% en galego que edita Editorial Compostela, matriz de El Correo Gallego.

None

Nunha sorprendente estratexia, Galicia Hoxe botou días publicando cartas ao director, a miúdo chegadas de fóra de Galicia, moi duras contra o último artigo de Fran P. Lorenzo.

O comunicador atacara os “controis policiais, restrición do tráfico e rexistros domiciliares, incluídos, que afectarán singularmente a todas e todos aqueles cuxa vontade e albedrío van ser vulnerados en aras dun rédito político que, con iso contan os organizadores do sarao, beneficiará a todos os persoeiros que teñan acceso á fotografía oficial”.

"Insulto despiadado"

Ao día seguinte, o Arcebispado de Santiago deu a coñecer o “seu profundo disgusto” nun comunicado. Os curas argumentan que “a libertad de expresión no es una patente de corso para el insulto despiadado y la manipulación de escasísimo gusto, por otra parte, de una fotografía que por su exceso y zafiedad suscita un rechazo inmediato”.

A "fotografía" á que se refire o Arcebispado é en realidade unha fotomontaxe humorística tamén reproducida nesta noticia por Galicia Confidencial.

O resultado final foi que o artigo desapareceu da web de Galicia Hoxe, onde estivo todo un día publicado, e que Fran P. Lorenzo non volveu a escribir os seus artigosde opinión.. O arcebispado mantivo reunións coa cúpula da Editorial Compostela, coa que tradicionalmente mantén boas relacións, para avaliar o polémico asunto, sobre o que resto des medios e o Colexio de Xornalistas gardaron silencio.

A presión contra o autor chegou tamén dende o grupo Intereconomía – La Gaceta. Francisco José Fernández de la Cigoña é o experto encargado de información relixiosa deste grupo próximo á extrema dereita.

"Propia de un malnacido"

O informador despáchase a gusto contra Lorenzo. Tras apelar a “caballerosidad, religión y patriotismo” do editor de El Correo e gabar a presunta censura do texto, de la Cigoña reclama que “tiene que desaparecer también quien perpetró la fechoría”.

Velaquí a parte do artigo do tertuliano de Interconomía. Xulguen vostesdes mesmos:

El otro hecho vergonzoso es la actitud ante la visita del Papa de determinados medios y personas. Entiendo que haya gente que no tenga simpatía a Benedicto XVI pero la fotografía manipulada que ha publicado Galicia Hoxe del Santo Padre es tan soez, tan agresiva para con los sentimientos católicos, tan propia de un malnacido, que rebasa ya lo inaceptable para caer en la basura más asquerosa. Da la impresión que ese libelo está vinculado a El Correo Gallego, propiedad de Feliciano Barrera. No tengo la menor duda sobre este gallego ilustre por tantos conceptos y de cuya caballerosidad, religión y patriotismo tengo constancia aunque hace muchos años que no hablo con él. Tiene mucha edad y estoy seguro de que no se enteró de esa vergüenza. Una oportunísima e inmediata protesta del arzobispado, o tal vez la decisión de Barrera, hizo desaparecer la vergonzosa página de la publicación. Pero no basta. Tiene que desaparecer también quien perpetró la fechoría. O en otro caso los católicos deberían tomar nota de que ese periódico no puede entrar en sus casas. Y hasta boicotear los productos cuyos anuncios lo sostienen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 64 comentarios

9 anonimo

Viva la libertad de expresión ,si señor!!como quiere usted que desaparezca?? porque si cree en Dios y segun usted es un hecho tan grave ya recibirá un castigo divino...país!

8 Rosenrot

"Tiene que desaparecer también quien perpetró la fechoría"... sería conveniente que se especificara que tipo de desaparición. Existe un derecho de expresión que no entra en conflicto con el respeto a las creencias religiosas. Ciertamente, bajo mi parecer, el retocado retrato del Santo Padre no es lo más acertado para ilustrar el artículo del sr. Lorenzo, pero tampoco veo lógica en la frase del sr. de la Cigoña.

7 Srta. Pardo

Pero o tal Fran P. Lourenzo (moi galego e moito carallo, pero ten o apelido sen galeguizar) como de seguro que é un profisional como la copa de un piñeiro, non terá problemas para atopar traballo en calquera medio privado, e de seguro que cobrando mais ¿Ou non?

1 combix

haha! é brincadeira, verdade? já sabemos que neste país, quem fai jornalismo honesto vai ao paro....

2 Manoliño

Rapaz, neste país e en calquera país, os mellores profisionais non ten problemas en atopar traballo. É evidente que os que non son deste mundo e non os le nin o gato polas películas que se montan, non o teñen tan doado.

3 Foucelhas

E verdade o que dis Manolinho,por iso ti non fas outra cousa que escribir aqui,moi bo profesional non debes ser porque o que se di trabalhar mais ben pouco

4 bakuninho

Lourenzo é tan galego coma Lorenzo, papón/a

5 Manoliño

Boas tardes, rapaces: #4 Afirmacións extraordinarias requiren probas extraordinarias.

6 chimo

a extrema dereita franquista impomnos outra vez a relixión sectaria homofoba e pederasta

1 Xandokas

E que isos son uns auténticos TALIBÁNS, .... pero cristianos!!! Por iso eu son ATEO pola gracia de Deus.

5 un calquera

A igrexa sabe moito disto. Precisamente a imprenta e a difusión dos libros e a ilustración fixo posible loitar contra o antigo réxime en Europa occidental e o brazo intelectual e censurador do Antigo réxime foi a Igrexa. Sempre estivo en contra da liberdade de prensa e da democracia en xeral. E ahí seguimos máis de 200 anos despois da revolución francesa loitando contra os inquisidores.

1 orgulloso do que son

moi atinada a tua resposta. A Igrexa sempre Estamental non quere nin pode aturar a súa perda de poder terreal. No Reino de España é unha evidencia tan manifesta que apenas precisa de máis explicacións. A curia de Igrexa Católica non é povo, é simplemente curia dedicada a manter a súa influenza.