Porto e Concello deben chegar a acordos

Unha vez máis, as liortas entre porto e concello de Vigo protagonizan o debate político na nosa cidade. Esta vez, a raíz do precintamento das naves de froita por parte do Concello, seguido da querela do Partido Popular. Vaia por diante que sempre defendín que o Porto de Vigo conte cun plano de usos, unha demanda constante do BNG para evitar (ou atenuar, polo menos) novas agresións á Ría de Vigo.

Por Santi Domínguez | Vigo | 05/03/2011

Comparte esta noticia

É preciso que Concello e Porto se poñan de acordo para deseñar estratexias de futuro nestes tempos de crise, e sobre todo para poñelas en práctica. Para iso, sería interesante que a Autoridade Portuaria fose dirixida por cargos de perfil técnico que non empregasen esta institución como trampolín electoral, tal e como está a facer agora a señora Porro e tal e como fixeron anteriormente outros representantes do PSOE e do PP.

O Porto estivo a empregarse como plataforma electoral durante os últimos quince anos e o Plano de Usos do Porto segue sen aparecer. Tanto o PSOE teñen como o PP credibilidade neste debate, e agora cometen a irresponsabilidade de xudicializar a vida política, como se os tribunais fosen quen de resolver o que lles compete a eles.Mentres o debate se centra en quen pon a querela a quen, seguimos sen planificar o desenvolvemento do tráfico marítimo e a ordenación da parte costeira da cidade. Vigo perde tráficos, mentres a presidenta da autoridade portuaria se dedica a poñer palmeiras.

A colaboración institucional é posible, sempre que haxa vontade política. Tanto o PSOE como o PP carecen de credibilidade neste debate, e agora cometen a irresponsabilidade de xudicializar a vida política, como se os tribunais fosen quen de resolver o que lles compete a eles. Este tipo de conflitos e liortas constantes provocan cansazo na cidadanía e desapego pola política, algo que nos debería preocupar seriamente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Santi Dominguez Naceu en Vigo en 1964. Candidato do BNG á alcaldía de Vigo. Tenente de alcalde e concelleiro de Cascos Históricos, Turismo, Industria e Comercio do Concello de Vigo. Iniciou a súa traxectoria como concelleiro no Concello de Vigo no ano 1995. Foi director xeral para o Deporte da Xunta de Galiza entre os anos 2005 e 2007, etapa na que se disputaron os primeiros partidos da selección galega e se fundou o equipo profesional de ciclismo galego. A súa traxectoria profesional estivo ligada sempre ao ensino e á formación. Diplomado en Ensino, traballou como profesor de galego, inglés e lingua española no colexio San José de Teis, onde coordinaba o equipo de Normalización Lingüística e fundou o Club de Baloncesto San José. Posúe o título de adestrador nacional de baloncesto.