#OsEsperamosEnGalicia: campaña para que A Coruña acolla a XXIII Reunión Nacional de Cirurxía en 2021

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 05/11/2018 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

A Coruña aspira a organizar a XXIII Reunión Nacional de Cirurxía en 2021 —da Asociación Española de Cirujanos (AEC)—, para a que tamén son candidatas Palma de Mallorca e Xixón.

Cirurxía no CHUAC.
Cirurxía no CHUAC.

A campaña da candidatura galega utiliza nas redes sociais a etiqueta #OsEsperamosEnGalicia e pretende gañar o máximo número de apoios entre o colectivo médico para que A Coruña sexa a sede deste importante encontro, coincidindo ademais coa celebración do Ano Xacobeo.

Con este vídeo, desde o Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) animan a todos os médicos do Estado a apoiar a súa candidatura, baixo o lema "Innovación segura e sustentable".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta