Temas: INTERNET

Así evolucionaron as emoticonas, até ser máis de 3.000

Este ano incorporáronse 230 novos símbolos gráficos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/03/2019 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Cando pensabamos que o poder da palabra era máis importante que nunca, grazas a Internet e as novas tecnloxías, apareceron elas, as emoticonas, e mudaron a nosa forma de comunicarnos. Para que dicir que un está triste ou cheo de felicidade, canso ou eufórico, cando o podemos expresar mediante unhas cariñas que xa son símbolos universais.

Evolución das emoticonas
Evolución das emoticonas | Fonte: Statista.

O Dicionario da Real Academia Galega define as emoticonas como "símbolo gráfico normalmente feito con caracteres ASCII que xeralmente emula a forma dunha pequena cara que reflicte o estado de ánimo ou unha determinada intencionalidade da persoa que escribe".

Como ben di a RAG, "as emoticonas son moi útiles para expresar como nos sentimos". Pero hoxe tal variedade que tamén axudan a 'roubar' palabras para expresar accións, situacións, obxectos, animais, etc. Son xa máis de 3.000 as emoticonas que creadas, todo un código expresivo que ameaza con minimizar ao máximo a expresión verbal.

Existe un organismo encargado de deseñar e coordinar a produción de emoticonas dispoñibles na Rede: o Unicode Consortium, que ten como obxectivo que todos os textos e símbolos compartidos a través de Internet sexan lexibles, independentemente do soporte, o cal inclúe estes pequenos debuxos.

En 2019 incorporáronse 230 novas emoticonas. O número destes símbolos, algúns dos cales non son representacións independentes, senón que modifican calidades doutras, supera xa as 3.000 unidades.

Temas: INTERNET
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta