Temas: FRASEOLOXíA

“Zúa, que hai boa lúa”, equivalente, entre outras, ó castelán “espabilando, que es gerundio”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 17/03/2019 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Avanzando un bocado máis no asunto das paremias que, en maior ou menor medida, poden confluír en determinados contextos coas secuencias castelás darse prisa ou ¡aprisa!, imos desta volta coas expresións galegas que poden cadrar coa castelá espabilando, que es gerundio.

Luar no Pico Sacro
Luar no Pico Sacro | Fonte: escuelainiciaticapicosacro

Espabilando # Andando, que es gerundio

{= Expresións con que se exhorta a alguén a que comece a facer algo, ou a que ande lixeiro para facer algo.}

Zúa, que hai boa lúa

Ex.: Vete abajo por el periódico. ¡Y espabilando, que es gerundio!

Vai abaixo polo xornal. ¡E zúa, que hai boa lúa!

Ex.: Que ha dicho la jefa que tenemos que entregar esto antes de las dos y media, así que espabilando, que es gerundio.

Que dixo a xefa que temos que entregar isto antes das dúas e media, así que zúa, que hai boa lúa.

● Tamén, recollendo e calcando a estrutura do castelán:

Alixeirando #Andando # Aviando, que é xerundio

Ex.: Vai abaixo polo xornal. ¡E alixeirando, que é xerundioE andando, que é xerundioE aviando, que é xerundio!

Ex.: Que dixo a xefa que temos que entregar isto antes das dúas e media, así que alixeirando, que é xerundioasí que andando, que é xerundio.

● Así como tamén, e máis ou menos axeitadas en función dos contextos, as secuencias expresivas vistas nos dous anteriores artigos:

Lixeiro && Sacudindo a canela && Dándolle aire á saia && Decontado && Polo aire && [Etc.]

Ex.: Vai abaixo polo xornal. ¡E lixeiroE sacudindo a canelaE dándolle aire á saiaE decontadoE polo aire[Etc.]!

Ex.: Que dixo a xefa que temos que entregar isto antes das dúas e media, así que lixeiroasí que sacudindo a canelaasí que dándolle aire á saiaasí que decontadoasí que polo aire[Etc.].

NOTAS:

1. En relación coa paremia ¡zúa, que hai boa lúa!, reiteramos, recollendo o comentado no último artigo, que en principio se trata dunha expresión dirixida normalmente a unha segunda persoa singular (a un “ti”, logo), mais que tamén pode ser utilizada como frase feita lexicalizada, cun referente impersonalizado e/ou xeneralizado:

¡A ver, chicos, de prisa, que nos tenemos que marchar!

¡A ver, rapaces, que temos que marchar, así que zúa, que hai boa lúa!

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Franco Grande, Xosé Luís: Diccionario galego castelán e vocabulario castelán-galego (2ª edición). Publicado en 1972. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- García González, Constantino: Glosario de voces galegas (1985). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- García González, Constantino & González González, Manuel (dirs.): Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega. Colección Galicia Viva / Real Academia Galega. Fundación Pedro Barrié de la Maza, ano 2004.

- García Represas, Delio: Estudio na fala de Xinzo, Ponteareas. Contribución á lingüística descriptiva do galego. Tese de licenciatura, 1996. Universidade de Santiago de Compostela.

- Guerra Otero, Pilar: Así falan en Trasar (1 e 2). Obra á que se pode acceder, a través de Internet, nos enderezos seguintes:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1296813709/contido/Galego/exercicios/pilar11.html

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1296813709/contido/Galego/exercicios/pilar2.htm

- Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Real Academia Galega: Diccionario gallego-castellano, de entre 1913 e 1928. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (en liña).

- Rivas Quintas, Elixio: Material lexicográfico da súa elaboración consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina):

a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.

b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.

c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Santamarina, Antón (dir.) / Ernesto González Seoane / María Álvarez de la Granja: Tesouro informatizado da lingua galega (TILG). (Versión 4.1). Santiago de Compostela. Instituto da Lingua Galega.

- Sobreira Salgado, Juan: Material lexicográfico elaborado por Juan Sobreira Salgado entre 1787 e 1805. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Valladares Núñez, Marcial: Diccionario castellano-gallego, publicado en 1884. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta