Nacións Unidas tilda de éxito a recuperación da raza bovina autóctona 'caldelá'

Era unha raza en perigo de extinción desde 1996.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2019 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación (FAO) recoñeceu as actuacións xestionadas pola Xunta e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) para a recuperación da raza de vaca 'caldelá'.

Así, xunto a este, só se distinguiron outros dous exemplos relacionados con razas equinas, o de Noruega coa 'Nordland Lyngen' e o de Francia con 'baudet du Poitou'. As tres razas figuran como casos de éxito na xestión de recursos xenéticos.

Esta decisión da FAO prodúcese despois da auditoría feita por esta división á 'caldelá', que comezou no ano 2017 e analizou a evolución da xestión zootécnica desta raza en perigo de extinción desde 1996. Neste período, comprobouse que o número de rexistros aumentou de 284 animais a 1.750.

Ao mesmo tempo, tamén se constatou que o tamaño efectivo da poboación, considerando as últimas xeracións, aumentou de 43 a 115, cun pico de 145 no período 2009-2012. A día de hoxe, segundo os informes máis recentes, de 2017, contabilizáronse 987 femias reprodutoras.

A vaca 'caldelá' é orixinaria da parte noroccidental de Galicia e caracterízase por unha capa negra e cornos en forma de gancho. Críase exclusivamente en sistemas de produción extensiva e a súa carne véndese baixo a marca da asociación de criadores '100% Raza Autóctona Caldelá'.

As accións aplicadas para a súa conservación iniciáronse en 1991 pola Xunta, a través do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia.

Vaca de raza 'caldelá'
Vaca de raza 'caldelá'

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Batracio galaico

ªJoder....algo que facemos benº!!!!!!