Artigos de Xosé Glez.

Galicia, Abanca e Pescanova

A maioría das institucións públicas galegas utilizan a lingua galega nas súas actividades administrativas que os cidadáns e empresas aceptan con total naturalidade, sen que esta práctica rexistre conflitividade. Porén, eses 2.700.000 de cidadáns na súa condición de usuarios e consumidores non reciben o mesmo trato lingüístico por parte das empresas prestadoras de servizos e elaboradoras de variadas marcas comerciais.

Peinador, un empresario de pensamento galego

O 20 de xuño de 1940 morría en Vigo Enrique Peinador Lines despois de serlles embargados o Balneario de Mondariz e a embotelladora das augas. A sublevación militar pasáballe factura a quen apoiara a candidatura do Frente Popular desde a rexa militancia no Partido Galeguista.

#etiquetadosengalego

Con este lema estase a espallar polas redes sociais unha imaxinativa campaña de apoio aos produtos que se etiquetan en galego promovida polo Foro E. Peinadorno que se engloba a Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros e a Xunta de Galicia, nomeadamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística na procura dun maior número de consumidores para a variada oferta de produtos que se poden atopar no mercado, pero tamén para estimular ás empresas que aínda non incorporaron a lingua galega as súas marcas, incentivando a reflexionen sobre o valor estratético que esta decisión lles podería reportar.

Policías

O Decreto ordenando o confinamento da poboación por mor do andazo vírico outorgoulle ás forzas e corpos de seguridade un papel decisivo para o cumprimento das normas establecidas. A súa presenza nas estradas e rúas cos operativos de controis rutinarios dan pé a unha comunicación cos condutores de vehículos e transeuntes. Xente toda ela galegofalante, maioritariamente, coma os propios policías. Sen embargo, as comunicacións verbais por parte dos axentes fanse normalmente en castelán, unha lingua que subordina o galego nesas relacións.

Acordar a tempo

Hai un mes o Concello de Ribeira anunciou que a partir de entón utilizaría o topónimo oficial despois de moitas décadas de incumprimento do decreto da Xunta de Galicia que oficializaba o topónimo escrito con “b” e non con “v”.

As cousas polo seu nome sen eufemismos

O meu amigo Antón Piñeiro está aproveitando estes días de confinamento na súa aldea celanovesa dos Quintairos para construir unha cancela, por certo moi ben feita como revelan a fotografías que publicou nas redes sociais.

Franco Grande, na memoria do amigo

Cando morre un amigo, tamén morre algo de nós. As vivencias compartidas, se foron moitas, como é no caso de Xosé L.Franco Grande, tráenme a memoria algunhas delas. A primeira, cando o coñecín, no ano 1966. Foi na Fundación Penzol. Estaba el traballando no seu dicionario. Tiña as fichas ordenadas en caixas de zapatos.

A vontade na galeguización xudicial

Todos os fitos históricos teñen razóns que os explican. Foron sempre motivados por feitos previos; unhas veces pola intervención social, e outras por implicacións de persoas desexosas de provocalos. En todo caso, o que agora nos importa é salientar a importancia que ten a vontade individual ou colectiva nas grandes transformacións sociais. Ímonos referir a tres fitos históricos da lingua galega de distinto signo.