Artigos de Jose Luis Quintela

Comercio local ou xigantes... Que cidades queremos?

Mirando ao mar....Unha das impresións que teño máis nitidamente gravada na retina, cando penso en como era hai catro décadas a cidade de A Coruña, ten que ver co Mercado de San Agustín. “La plaza”, como diciamos na casa, era un verdadeiro fervedoiro, no que se amoreaban xentes dispostas a mercar moito do que aqueles muros atesouraban. Algúns sábados, nos que non había escola, iamos con mamá por alí. E recordo a sensación, abafante para min, de cheo absoluto. Era ata complicado moverse entre toda aquela algarabía.

Do lecer e a necesidade de ordenar o espazo

Mirando ao mar....Teñan bo día. Que tal lles foi o verán? Pois xa ven, este está case rematado, polo menos no que todos identificamos como tal. Da estación aínda quedan tres semanas, pero o certo é que as cabezas xa empezan a estar en outras cousas...

Moito máis que violencia

Mirando ao Mar... Non sei se concordan comigo en que unha das moitas consecuencias colaterais da pandemia xurdida a partires da irrupción nas nosas vidas da Covid-19 é un maior nivel de frustración, agresividade e intolerancia na nosa sociedade hoxe.

De accidente, nada...

Vémonos de novo por aquí, co verán xa en marcha e un montón de cousas bulindo no eido do de todos, do colectivo, do que nos importa nestas liñas... Un feixe de asuntos que copan a actualidade, moitos deles de forma efémera. Outros non, e están aquí para quedarse con nós. E algúns, entre tanto barullo, son os verdadeiramente importantes...

Que lle poño?

Mirando ao mar....

Nunca serei alguén na política...

Sexan, mirando ao mar, benvidos a estas liñas primaverais, nun tempo no que a vida segue a fluír pese a todo. Días de intenso ruído nos medios, de forma moi focalizada na campaña electoral madrileña. E, como sempre, un asco.

A contención non chega

Mirando ao mar.

Mirando ao Mar... A xeito de presentación

Déixenme que, aínda que paseniño e falando baixiño, case murmurando, me coe neste Galicia Confidencial para comezar a compartir con todos vostedes diferentes aspectos da actualidade económica e política, vistos desde o punto de vista das súas consecuencias sociais. Esa é a idea desta nova columna, “Mirando ao Mar”, coa que quero aportar o meu grao de area nun momento especialmente crítico á hora de repensar que futuro queremos
Jose Luis Quintela Julián José Luis Quintela Julián (A Coruña, 1968) é licenciado en Física e Ms en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela. MBA en ICADE, Posgrao en Xestión de Entidades non Lucrativas por ESADE e Especialista na Unión Europea pola Universidade de Vigo. Foi profesor asociado nas Facultades de Física e Óptica da USC, impartiu clase de Matemáticas e Física en Bacharelato e traballou no sector privado, no eido da enxeñaría. Foi Director Territorial da Fundación Intermón Oxfam en Galicia, León e Asturias, Director Interino de dita organización en Guatemala e tamén VicepresIdente do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento e secretario da Coordinadora Galega de ONGDs. Traballou como Director de Área de Servizos Sociais no Concello de A Coruña e nesta etapa presta servizos como profesor de Física e Química no ensino público galego, continuando involucrado no terceiro sector na xunta directiva dunha organización coruñesa de inclusión social.