Artigos de José L. Orozco

O cumio de Lugo contra a droga

Máis de 250 autoridades de Europa, América Latina e o Caribe participarán no Cumio de Alcaldes, Alcaldesas e Cidades sobre drogas que se vai celebrar en Lugo do 21 ó 23 de abril.

As tradicións

As tradicións forman parte da historia dos pobos ou mellor da herdanza sociocultural das xentes que forman os pobos.

Novos retos, novas ilusións

Xa teño dito en algunha ocasión que as cidades, e Lugo non é unha excepción, son organismos vivos, en continuo crecemento, cambio e transformación. Vivímolo en Lugo nestes últimos anos dos que fun unha testemuña de excepción.

Coti Burgo

A disciplina e o cumprimento das propostas que se votan nun congreso, e máis cando un votou nese sentido, obrigan a tomar determinacións que aínda sendo costosas desde o punto de vista persoal, hai que asumilas como parte da vida política que cada un de nós de xeito libre e voluntario ten tomado.

As infraestructuras

Din os entendidos que as infraestructuras son a “conditio sine qua non” de todo desenvolvemento.

A Lei de Caixas

A finais do mes de decembro do ano pasado, cos votos do PP e do BNG aprobouse no Parlamento Galego a nova Lei de Caixas, que substitúe a que se fixo no ano 1996. En tanta canta manifestación pública que fixen sobre a mesma, nunca falei nin do articulado nin da oportunidade da Lei. Nin teño opinión fundamentada nin son un experto. O Parlamento xogou o seu papel.

Cooperación público-privada

Dicía un amigo meu que estamos pasando un tempo no que todo se espera da Administración ou mellor das Administracións.

Enquisas

Non nego o carácter científico das enquisas e dou por suposto que cando se publican responden a eses criterios. Pero aínda así doulles só unha pequena parte de razón na miña vida política diaria. Dígolles sempre aos meus compañeir@s unha frase moi socorrida pero que por experiencia non deixa de ter o seu aquel: “ a mellor enquisa é coñecer os resultados das urnas o día da festa democrática das eleccións”.
José Clemente López Orozco naceu nunha familia humilde e traballadora. Marchou estudar Filosofía e Letras a Salamanca e fixo os cursos de doutoramento na Universidade de Santiago. Está casado e ten dúas fillas. Di que os seus amigos lle chaman Pepe, os alumnos (é profesor en excedencia no instituto lugués Lucus Augusti) chamábanlle Aristóteles. E debe ser porque é moi bo orador. E falador tamén, se lle pides que se defina nunha soa palabra, emprega tres. Considera que é bo amigo (os seus amigos confirman este dato), traballador (tamén confirmado) e un namorado de Lugo. Isto último queda patente se falas dous minutos con el. No seu tempo libre pasea pola cidade, é doado atopalo pola Praza Maior ou na Praza do Campo, di que esa é unha zona que lle trae moi bos recordos, por alí saía cos amigos. Orozco é un home sinxelo, tal e como aparenta. Os que o critican, din que é populista e para el é un orgullo que o consideren defensor dos intereses e aspiracións do pobo. Estar coa xente e traballar conxuntamente por mellorar a súa cidade, Lugo, é o seu soño. Cando Lugo mellora el é feliz. Por iso recoñece que está contento e tranquilo, traballa no que lle gusta e iso manteno ilusionado na política. Di que a súa maior preocupación neste momento é a difícil situación económica que atravesamos a nivel mundial, polo que non deixa de traballar para conseguir que os lucenses perciban o menos posible os efectos desa crise. Para o Alcalde de Lugo a cidade mellorou en múltiples aspectos e iso, di, débese ao traballo conxunto de todos os lucenses. Orozco ademais é un amante das novas tecnoloxías, o ordenador e calquera medio de comunicación coa xente da rúa é benvido no seu día a día. É un amante da liberdade de expresión, quere que a xente diga sempre o que pensa, esa é unha regra inamovible na súa vida. Ri e chora coa mesma facilidade e vive a política coa relaxación que lle da a experiencia. O que non entende é que algúns políticos empreguen a estratexia da mentira para desprestixiar ao contrario. Di que el nunca foi así, sempre tratou de atopar algo bo na oposición. Gústalle que a xente o vexa como unha persoa próxima, así é el, e di que só promete aquelo que pode facer, por iso fai o que promete. "Non está todo feito" -repite sen parar- "por iso traballo sempre con ilusión, para seguir avanzando nun Lugo mellor, moderno e con igualdade de oportunidades para todos os seus veciños e veciñas". Forza e ilusión non lle faltan. O seu blog