Artigos de Marcelino Fdez. Mallo

Ence: política miseria

O goberno en funcións do Partido Popular prorrogou outros 60 anos a concesión a ENCE na ría de Pontevedra. A decisión ten unhas implicacións transcendentais para o desenvolvemento do rural galego. A instalación da fábrica do Grupo ENCE en Pontevedra data de 1957 e coincide coa decisión do chamado “Patrimonio Forestal del Estado” de plantar eucaliptos no norte de España a fin de producir celulosa. Debe recordarse que ENCE –Empresa Nacional de Celulosas– constituíuse como empresa pública dentro do grupo INI e foi privatizada a partir de 1990. Tamén ha subliñarse que a sede do Grupo ENCE radícase en Madrid inda que ningunha das súas fábricas se localiza nin sequera preto da capital de España. Así mesmo semella significativo o feito de que ningún dos membros do consello de administración do Grupo sexa galego e que tres deles presenten vinculación co Partido Popular.

Feijoo 2016

De entre os millóns de persoas que seguen con interese o enredo postelectoral en España, seguramente Núñez Feijoo sexa un dos que o vive en maior tensión. Compréndese ben: leva anos acumulando méritos á espera dun momento así.

O efecto Gadis

Gadis presenta novo anuncio, unha sorte de acontecemento no país. Coincide a súa emisión co peche das negociacións fallidas para unha candidatura unitaria galega ao Congreso. Algo terá que ver.

As mareas molan (por agora)

Esencialmente, a política é unha cuestión de preferencias. Resulta bastante obvio que na elección da alternativa preferida xogan un papel relevante factores subxectivos como a imaxe.

Romper as cadeas do pasado

Alén das consecuencias inmediatas que propician os resultados das eleccións municipais en Galicia, enxérgase un efecto alborada de longo alcance.

Bipartito vs Feijóo

Na súa teima por gañar a calidade de home de Estado, Núñez Feijóo continúa o seu periplo por España adiante deixando en cada recuncho o legado das súas frases lapidarias.

BNG vs Podemos

O artigo expón unha análise particular sobre as posibles razóns que xustifican as opostas expectativas electorais de ámbalas formacións.

A Coruña de Negreira

Cabe preguntarse por qué o aínda alcalde coruñés retoma o vello topónimo na pre-campaña ás municipais.