Artigos de Farruco Graña

Galego de sempre. Por sempre.

Falo galego de sempre. Nacín nun barrio conformado maioritariamente por xentes vidas da aldea que, en moitas vilas e cidades ao longo dos anos 60 e 70, reproduciamos día a día os sons e xiros sintácticos da nosa lingua, mesmo falando en castelán.

Máis diñeiro para a banca

De tanta información que estamos a recibir sobre a crise, case é como quen oe chover. Abraiados por tantos datos, por estatísticas tan crueis ás que ademais lles vemos o rostro día a día tanto nos medios de comunicación como no noso contorno máis inmediato, cando non mesmo no espello do baño ao nos erguer, tendemos a nos pechar e non querer ver a realidade; convertémonos en branco doado de xeneralizacións que a base de escoitármolas unha e outra vez acaban por se converter en verdades case sagradas.

Foiche cousa do ladrillo

Non deixa de ter o seu aquel que xusto o ladrillo fora quen de defenestrar ao señor Rodrigo Rato.

Espíritos rebeldes e inconformistas

Toda apostasía ten o seu aquel. Un momento máxico, de lucidez; vertixe, O abismo. Os monstros que están á espreita para ver de te atrapar. En situacións como esta sempre me ven ao acordo a figura de Baruch de Spinoza, ese austero pulidor de lentes de orixe marrán (nome co que se facía referencia a aqueles xudeus ou musulmáns que na Península Ibérica xa dominada pola barbarie e a intolerancia relixiosa se dicían cristiáns, pero nos seus adentros aínda seguían a profesar a súa vella fe)

Aforrar, para quen?

Nestes tempos de necesidade que nos toca vivir estase a usar de xeito moi maniqueo a apelación ao aforro en contraposición co malgasto. Úsase para iso a analoxía da familia que non debe gastar o que non ten e bótase man dunha serie de símiles pretendidamente aleccionadores. Xa está ben de vivir por riba das nosas posibilidades! Hai que frear o consumo aloucado!

Lumieira: 35 anos de cultura

Ao longo da historia vanse sucedendo de xeito cíclico períodos de maior ou menor esplendor para un país, unha cultura, un movemento político, social… Facermos esa retrospectiva para o caso da nosa lingua implica destacar (non sen caer nunha síntese, como todas, un tanto reducionista) o Rexurdimento, o traballo da Xeración Nós, Galaxia e o agromar dun desexo colectivo de liberdade (individual e colectiva, democracia e autogoberno), que se puxo en marcha pouco a pouco a partir dos anos 60 e 70 do século pasado, e que culminaría co desenvolvemento dunha intensa e diversificada actividade cultural galega, e en galego, como nunca se vira ata entón.

Procesión de caladiños

Co do catalán non nos toquen os narices, díxolle Artur Mas ao PP pensando no futuro. Vostedes verán o que aspiran a facer connosco cando queiran chegar á Moncloa, pero tomamos nota da súa actitude cara ao catalán, espetoulles sen lle tremer o pulso nin a voz. No entanto, o máis rechamante foi a reacción de González Pons.

A mesma pedra

Cando alá polo remate do s.XIX Galiza non soubo xogar as súas bazas para se incorporar ao tren do progreso, varios foron os factores que acabaron frustrando a unión coa meseta, e a conexión das distintas cidades do país, por ferrocarril: o localismo, o centralismo, a conxuntura económica e a falta de peso político específico.