Artigos de Emilio Martinez

Sobre alcaldes, cargos públicos e salarios

Hai uns días, nunha desas tardes de verán de choiva gastadas diante do ordenador, atopei por casualidade o blog de Pepe Luis López Bulla. Case ninguén a estas alturas, e por estes pagos, saberá quen é esta persoa.

Con quen cooperamos?

O taxi avanza a boa velocidade pola Avenida Mariscal Sucre, logo das retencións nos arredores de La Carolina. Ao taxista dígolle que vou á esquina do Estadio do Aucas, un dos equipos de fútbol da cidade, no cruce entre a Avenida Ruchicaca e Moromoro. Un dos símbolos de Quito vai quedando atrás, El Panecillo, coroado pola estatua da Virxe de Quito. Estou cruzando unha fronteira invisible entre o norte e o sur da cidade, tamén entre o norte e o sur dunha sociedade na que abundan as desigualdades, entre a avenida Gonzalez Suárez, na que se abraza o “American Way of Life” e as rúas do Barrio Sur, nas que un tense que abrazar, por necesidade, á esperanza de que o día de mañá sexa mellor que o día de hoxe. Estando no mesmo Quito, estando no mesmo Ecuador, estamos en dous mundos diferentes.

Feijóo brindará con champán

Xa quedan apenas tres semanas para as eleccións municipais e as diversas esquerdas, que deberían conformar unha maioría social, non foron quenes de sorprendernos cun grande acordo que sentara as bases para rematar coa hexemonía do Partido Popular en Galicia

Somos Brian

Cando en outubro de 1983 cheguei a Santiago para estudar Económicas facíache falta unha libreta de tamaño mediano para anotar todos os grupos da esquerda que pululaban polos campus. E iso que, polo que logo souben, non eran nin a mitade dos que xa foran nos anos xusto seguintes á morte de Franco.

Rasgándose as vestiduras

A estas alturas xa é imposible abrir un xornal e non atoparse con algunha nova relacionada con Podemos. Nunca positiva. O digan ou que non digan, o que fagan ou que non fagan vai provocar as máis aceiradas críticas dos partidos gobernantes e dos medios de comunicación que lle serven de portavoces.

Ferrol Detroit

Cursaba segundo de carreira a primeira vez que fun a Ferrol. Vai desto para trinta anos. Eran os anos da mal chamada política de reconversión industrial, os anos das folgas xerais, das manifestacións pola situación do naval en Vigo e en Ferrol. Teño daquela primeira visita gravada a imaxe da inmensa grúa pórtico que presidía ASTANO. A imaxe que tantas veces se veu nos medios de comunicación polas tantas protestas nas que foi escenario. A mal chamada, repetimos, reconversión industrial, trouxo unha estela de siglas que nomeaban plans de futuro para a comarca de Ferrolterra: a ZUR, Zona de Urxente Reindustrialización, ZID, Zona Industrial en Declive… plans con subvencións de todo tipo, incluídos os bálsamos en forma de xubilacións anticipadas para anestesiar a sociedade. Tantas veces mais preocupada no hoxe que no mañá.

E si Carolina tivera razón?

A compostelana Carolina Bescansa, responsable de Análise Política de Podemos, trouxo a polémica coa súa entrevista publicada en El País a finais de decembro. A afirmación “A xente pregúntase se poderá pagar as facturas, non qué é Galicia” coa que o xornal a titulaba non era para menos, e resaltaba, xa que a entrevistada mantíñase cauta en todo momento, na liña de quen sabe que está representando a unha organización no que case todo está por facer e na que falta posición política sobre multitude de temas. A resposta por parte do nacionalismo non se fixo agardar.

III Plan Director de Cooperación: á terceira non vai a vencida

III PLAN DIRECTOR DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO: Á TERCEIRA NON VAI A VENCIDA. A mediados de marzo o Parlamento de Galicia aprobou o III Plan Director da cooperación galega ao desenvolvemento 2014-2017, tal e como dispón a Lei Galega de Cooperación ao Desenvolvemento no seu artigo 9.2. A aprobación foi precedida polo perceptivo informe do Consello Galego de Cooperación, no cal, por primeira vez, as ONGD galegas votaron en contra.
Emilio Martinez (Ribeira, 1965). Entre os anos 1998 e o 2005 foi presidente da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. Na actualidade forma parte do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento como experto independente. Licenciado en Ciencias Económicas a súa carreira profesional está ligada, na súa meirande parte, a diversas administracións públicas, como a Universidade de Vigo, na que foi vicexerente de Recursos Humanos, a xerencia da Sociedade Galega para o Desenvolvemento Comarcal, o concello de Lugo ou a Universidade de Santiago de Compostela, na que actualmente é director de área, no ámbito, logo de exercer en distintos períodos como técnico superior de Xestión no ámbito da I+D+I ou vicexerente no campus de Lugo. Ten colaborado en distintas publicacións como “A Nosa Terra”, “Tempo Exterior” ou a “Revista Galega de Emprego”.