Artigos de Francisco Castro

Tantosporcentos para asasinar unha cultura

A min, xa o sabedes, non me gusta nada falar de economía. Como son un tipo entusiasta, ou irreflexivo, nunca atendo aos números na crenza absurda de que o corazón manda máis que o IBEX 35. Mais desta volta si que vou facelo. Quizais porque me estou volvendo vello, ou porque, a fin de contas, ás veces hai que falar coa linguaxe do inimigo.

Son uns mamóns

Lin o pasado sábado que un xeque saudí "opina" que a condución é mala para a fertilidade feminina; noutra nova, o mesmo día, que o presidente de Gambia advirte á ONU sobre a perigosidade dos homosexuais, que son, segundo o seu criterio, unha ameaza para a humanidade. Que mamóns.

Igual son un animal

Eu non sei se son un animal porque moitas veces sinto en min cousas máis propias dos bechos que da xente que anda a dúas pernas.

Que queimen máis monte

Que queimen máis monte, tanto ten. A pesar de que recurtaron en medios antilumes e prevención, a pesar de que eles son os que ao se desentender como o fan case que xa lle prenden fogo ou lle dan o queroseno ao pirómano, a xente vai votarllles igual.

O artelixo e o festival de Cans

Tiven a sorte de participar como poeta no Artelixo de Redondela, unha iniciativa cultural moi orixinal que, entre outras cousas, toma as rúas, os mercados, os bares e ata os coches da xente que pasa, para enchelos de poesía.

A tentación de ser amish

Vexo nun documental sobre os amish que lle preguntan a un que por que os homes usan esas barbas tan longas. O home di que cando casan déixana medrar, antes non. O xornalista volve preguntar que pero por que sen bigote. O amish, despois de mirar para el dous segundos, como se non entendese a pregunta, responde, "simplemente non o usamos".

O rei de España e as medusas

Amarguei parte do domingo lendo que en Marrocos saiu á rúa, grazas á intermediación do rei de España, que falou co de Marrocos, un pederasta condenado a 30 anos por abusar de cativas e cativos e que seica era colaborador do exército español. Condeado. Con probas. Pero o rei intercedeu para indultalo. No mesmo xornal, leo que as medusas non teñen nin cerebro nin corazón. Coma a xustiza esta.

Linchar ao máis feble

Dende sempre, adoitamos linchar ao máis feble. É o que está a facerse co maquinista do tren infortunado. Independentemente de que levase máis velocidade da que tiña que levar, o certo é que a sociedade xa non só dictou sentenza, senón que, en especial dende determinados medios escritos, está a facerse con el un linchamento en toda regra. Menos mal que está custodiado pola policía, porque a algún xornal de Madrid, se lle deixaran, iniciaba o linchamento de verdade. Ou case.