Artigos de Francisco Castro

Non importamos a ninguén

Adoitamos confundir o que vemos nos xornais coa realidade, do que se fala no twitter co que está pasando, o que comentan os xornais que lemos co importante, e o que se comparte no facebook co esencial. E non é para nada así. En realidade, non lle importamos a ninguén.

San Simón Fiddle

Pasei a fin de semana convidado no San Simón Fiddle, ou o que é o mesmo, un campamento infantil e xuvenil centrado no violín, organizado e dirixido polos máis importantes mùsicos folk do noso país e que pon durante unha semana a convivir a medio cento de nenos, nenas, mozos e mozas, para aprender música xuntos, mais tamén para falar de literatura, tocar xuntos, relacionarse, xogar e, en definitiva, vivir emocións e experiencias arredor da música.

Non é presentable

Non é presentable que despois de Kant e a Ilustración, despois das constitucións e de tanta xente morta por defender ideais de tolerancia e de democracia, a relixión (berce de case que todas as intrasixencias) siga tendo o protagonismo e a influenza que aínda ten no conxunto das cousas (malas) que pasan no mundo.

Cristina Pato e a felicidade

O pasado domingo acudín á Fundación Otero Pedrayo, para asistir á entrega do premio Trasalba concedido este ano á gaiteira Cristina Pato. Ademais de deslumbrarnos co seu discurso emocionado, e coa interpretación, sutil, dunha peza á gaita que nos elevou ata a estratosfera, dixo algo que probablemente non se recollerá nos titulares das crónicas do día, pero que foi a frase que a min se que quedou dentro e para sempre: que o máis importante de todo o que aprendera actuando por tantas partes do mundo é que facer feliz á xente é o sentido do seu traballo.

Vivimos no país de Orwell

Na súa distopía, "1984", George Orwell falábanos dun estado futuro onde o Gran Irmán controlaba absolutamente todo a través de telepantallas e a linguaxe.

Vou dicir un pecado

Amnistía Internacional denuncia que en Exipto (pero isto vale para outros moitos países) están a medrar as causas penais polo delito de blasfemia, a saber, dicir algo en contra da relixión ou de Deus.

O golpe de estado de Feijóo

Ninguén, absolutamente ninguén, apoia ao presidente da Xunta na súa idea de reducir o número de deputados no Hórreo. Mais el sigue para adiante porque di que a maioría absoluta outorgada ao seu programa (onde figuraba esa proposta) é un forma de referendum e hai que cumprir. Por esa lóxica, se un día gaña con maioría absoluta un partido independentista, apoiará a ruptura co estado español.

Pero ninguén vota ao PP?

O exercicio de representación democrática implica gobernar en función dos desexos do pobo e para o pobo. Isto é unha obviedade cando damos por feito (aínda que quizais é dar moito por feito) que os que son elixidos o son por un programa que o electorado coñece e, xa que logo, co que se identifica. A consecuencia é que os gobernados están dacordo coas políticas desenvolvidas polos elixidos nas urnas. Mais, como así non é, planteo aquí alguntas preguntas espero que incómodas.