O BNG recrimina que a Fiscalía da Audiencia Nacional abra dilixencias contra Ana Pontón por inxurias á Coroa

Hai unha denuncia por parte da asociación monárquica Concordia Real Española.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/08/2020 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, criticou a través da súa conta de Twitter que a Fiscalía da Audiencia Nacional abrise dilixencias contra a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, por supostas inxurias á Coroa.

Ana Pontón
Ana Pontón | Fonte: ÁLVARO BALLESTEROS - EUROPA PRESS.

Rego fai alusión coa súa mensaxe á información publicada este domingo por ABC, segundo a cal a Fiscalía abriu dilixencias de investigación tras a presentación de tres denuncias por parte da asociación monárquica Concordia Real Española contra os líderes do BNG, Ana Pontón; ERC, Pere Aragonés; e Adelante Andalucía, Teresa Rodríguez; por inxurias graves á Coroa.

En concreto, o diario, que cita fontes xudiciais, explica que os comentarios que motivaron a denuncia e a apertura de dilixencias son os feitos por Pontón o pasado 25 de xullo, cando, con motivo da visita a Santiago do os reis, dixo que "non hai incenso nin botafumeiro que tape a podremia da Casa Real". "Non imos parar ata que xulguen os Borbóns por ladróns e por corrupción", agregou aquel día.

A xuízo de Rego, a medida tómase "por dicir o que todos sabemos, que os Borbóns son ladróns e corruptos". "Chámanlle democracia, pero non o é", escribiu o portavoz no Congreso. Engade aos seus comentarios varias etiquetas que din "Os Borbóns son uns ladróns", "República galega" e "República".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta