A "explotación" dos repartidores de comida: "non teñen dereito a baixa nin vacacións"

UGT pide ampliar as regulacións do Goberno para atallar un sector no que prolifera a figura do falso autónomo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O pasado mércores 6 foi o día mundial do traballo decente, efeméride aproveitada pola división galega de UGT para poñer de novo o foco sobre un dos sectores máis "precarios" e propensos á "explotación laboral": os riders, ou repartidores de comida rápida que funcionan como falsos autónomos. 

'Rider', repartidor de comida rápida da plataforma Glovo
'Rider', repartidor de comida rápida da plataforma Glovo | Fonte: memo.com.ar

O sindicato lanzou unha comunicado no que esixe "que se respecten os dereitos das persoas traballadoras das plataformas dixitais", un espazo laboral no que as plataformas "se aproveitan las lagoas legais para obter grandes beneficios mediante a explotación laboral". "Tratan aos seus traballadores como autónomos, cando non o son; fomentan a competencia entre eles para que ofrezan o seu traballo á baixa; e fan un uso abusivo da subcontratación", apuntan dende a formación.

De aí que determinados dereitos laborais, "como gozar de vacacións e permisos", ou a propia baixa por enfermidade non son posibles para moitos traballadores e traballadoras de plataformas dixitais, segundo destacan. "Algo inxusto non só para eles, senón para a maioría das empresas que cumpren coas normas e para o propio erario público. Ao tratar aos seus traballadores como autónomos as plataformas dixitais eluden o pago de cotizacións á Seguridade Social e o pago de impostos, o que repercute no conxunto da sociedade".

O pasado 12 de agosto entrou a vigor a chama Lei Rider, coa que o Goberno central quere poñer fin a esta figura dos falsos autónomos, obrigando ás plataformas dixitais a tratar aos seus repartidores como traballadores por conta allea. Para a formación sindical, trátase dunha lei "pioneira", que supón un avance pero que, con todo, "se queda curta" xa que debe estenderse ao conxunto das plataformas dixitais. A formación insta ó Goberno a regular este modelo de negocio que no noso país afecta a sectores tan sensibles como a prestación de coidados ou servizos domésticos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta