Describir a luz

Souben de Pablo Gallo por unha triste noticia. O 31 de marzo faleceu Ana Santos, creadora de El Gaviero Ediciones, unha editorial nacida xunto ao mar na que as cubertas de cada libro son tan mimadas como cada unha das palabras.

Por ediSCQ - Ana Chouciño | Edimburgo | 21/05/2014

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

Pablo Gallo
Pablo Gallo

Por casualidade e sorte pasei con ela, a súa familia e os seus amigos dúas semanas na feira do libro de Almería, fai xa seis anos. O que esa viaxe significou para min fixo que os lembrara sempre. Pequenos esbozos conseguidos en apenas quince días entre cañas e tapas, intuicións que se foron reafirmando co paso do tempo.

Nesa arañeira estraña que é o facebook, fun seguindo a parte das súas vidas que querían compartir, os seus proxectos, os seus logros, que foron tantos, aos seus versos e as malas novas escondida entre as liñas.

Aquela mañá a rede encheuse de homenaxes. Normalmente desconfío dos ensalzamentos desmesurados de quen acaba de irse, pero esta vez crin en cada unha daquelas palabras.  Había algo especial en Ana e en aquela gran familia. Que pena ter que irse, pero que fermoso que a luz que deixas ilumine todavía un pouquiño máis a todos os que te rodeaban e xa brillaban de por si.

552139_396151673825712_999837618_n

Pablo Gallo
Pablo Gallo

Emocionáronme as palabras que Pablo Gallo lle adicou, por sinxelas e verdadeiras, e quixen saber quen era. Descubrín no seu blog que, coma min, é coruñés. Gustáronme as súas pinturas, de trazos limpos e luminosos que me recordaron a Juan Rivas, do que xa falei aquí fai tempo. Quedei prendada da serie “Demasiada calma en la ciudad” e recoñecín cada unha daquelas rúas da Coruña, cada un daqueles locais que tantas veces recorrera rodeada de xente e de ruido. Pero o paseo nas súas pinturas é diferente, imaxínome a min mesma camiñando unha mañá de verán, cando o sol xa pegaba con forza pero a preguiza do domingo mantiña as rúas aínda baleiras, cando os meus pasos e os ladridos daquel can vagabundo son o único que escoitaba. E sentín aquel sol na cara, ese sol que tanto boto en falta en Edimburgo, e a esa luz que é diferente en cada cidade.

Hai xente que, sabe contaxiar a luz, saben debuxala ou describila con poesía. Lévana dentro e van deixando un regueiro alá onde pisen.

552139_396151673825712_999837618_n


Ana Chouciño

A distancia ás veces danos perspectiva; outras, simplemente, fainos idealizar o que botamos en falta. Escribirei desde Edimburgo, sobre Edimburgo e sobre Santiago. Contareivos como unhas cidades se inventan e outras se lembran e como ao final todo é o mesmo.

Pablo Gallo
Pablo Gallo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Ana Chouciño A distancia ás veces danos perspectiva; outras, simplemente, fainos idealizar o que botamos en falta. Escribirei desde Edimburgo, sobre Edimburgo e sobre Santiago. Contareivos como unhas cidades se inventan e outras se lembran e como ao final todo é o mesmo.