Autorretratos para non esvaecerse

Desde que tiven a Xurxiño cada saída da casa é toda unha aventura. Se xa antes chegaba tarde a todos sitios, agora, alo menos, teño unha boa excusa. Coller a bolsa cos pañais, coa roupa para cambialo, a mantiña que me regalaron os meus amigos (os seus tíos), e que leva o seu nome escrito con lunares de cores. E o meu bolso que segue a ser o caos de sempre. Baixar os tres pisos co neno envolto en capas, mentras non deixa de mirar a luz que entra polo oco da escaleira. Que envexa que todo lle sorprenda...

Por ediSCQ - Ana Chouciño | Edimburgo | 31/05/2014

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

Anna Maria Nemcova
Anna Maria Nemcova

Coma na casa non son capaz de facer nada mentres estou con el, adicámanos a pasear por un Edimburgo no que non da chegado a primavera. Todo o mundo nos sorríe. Nunca fun tan consciente da fascinación que exercen os pequechos, quizáis sexa instinto de supervivencia, quizáis porque son as únicas personiñas do mundo que non teñen culpa de nada. 

Onte achegámonos a ver a exposición de alumnos da ECA, a Escola de Arte de Edimburgo. O Degree Show abre os obradoiros que normalmente están pechados. Enchense de esculturas, pinturas, de maquetas e de estudiantes orgullosos.

Mentres Xurxo miraba fascinado a luz que saía dos proxectores, eu quedei prendada dos autorretratos de Anna Maria Nemcova. Conta a súa páxina web que nos últimos oito anos vivíu en tres países diferentes, conta que durmiu en oito habitacións diferentes. Fotografiouse no medio do bosque, nunha praia xeada, sentada nunca xanela coas pernas encollidas. Fotografiouse borrosa, en cor, en branco e negro, escondendo o seu rostro entre as mans. E entendín esa necesidade de retratarse nun entorno que é novo, de apropiarse del deixando a constancia do corpo.

E lembreime no meu último piso compartido xa fai dous anos, sen saber que todo ía cambiar en moi pouco tempo. Nunha habitación demasiado pequena fotografiei o meu reflexo naquel espello e peguei na parede as postais que me tiñan acompañado os últimos anos. Supoño que todo era parte do mesmo, dun intento de facer meu un sitio que non me pertencía en absoluto, de deixar un rastro para non esvaecerme.

Anna Maria Nemcova
Anna Maria Nemcova

http://www.amnemcova.com/


Ana Chouciño

A distancia ás veces danos perspectiva; outras, simplemente, fainos idealizar o que botamos en falta. Escribirei desde Edimburgo, sobre Edimburgo e sobre Santiago. Contareivos como unhas cidades se inventan e outras se lembran e como ao final todo é o mesmo.

https://www.linkedin.com/in/anagonzalezchoucino

Anna Maria Nemcova
Anna Maria Nemcova
Ana Chouciño
Ana Chouciño
Anna Maria Nemcova
Anna Maria Nemcova
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Ana Chouciño A distancia ás veces danos perspectiva; outras, simplemente, fainos idealizar o que botamos en falta. Escribirei desde Edimburgo, sobre Edimburgo e sobre Santiago. Contareivos como unhas cidades se inventan e outras se lembran e como ao final todo é o mesmo.