A Costa da Morte chega a Edimburgo

Nacer xunto ao mar é botalo en falta ata que xa non existamos. Se ademáis ese mar é o dos acantilados, o que golpea as rochas con odio acumulado durante séculos, o do vento que nos fai pechar os ollos e protexer a alma… estaremos condeados a levalo dentro e a que nos doa. Incluso cando xa non existamos.

Por ediSCQ - Ana Chouciño | Edimburgo | 24/07/2014

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

Costa da Morte
Costa da Morte

Os que nacemos preto da Costa da Morte cargamos coa certeza da nosa insignificancia. Lois Patiño sábeo e captouno na néboa que fai desaparecer os montes, no océano que nos empequenece e xoga con nós coa crueldade e a inocencia dun deus que non existe.

Patiño filmou a inmensidade, o infinito que non entedemos, pero tamén a dor máis cercana, a das mariscadoras, coas costas torcidas e o frío atravesando os ósos.

A eternidade descendeu por un momento á nosa humilde escala, e converteuse en homenaxe a esa terra de heroes cansos. Neses planos inmensos, Patiño rescatou a esas figuras convertidas en formigas, e doulles voz para que puidesen berrar susurrando. Apenas os intuimos perdidos nas paisaxes, pero as súas verbas enchen a pantalla. Conversas cotiás, pero que aínda así, deixan entrever una sabiduría acumulada durante séculos a base de loita, morte e milagres.

A Costa da Morte é terra de emigrantes, pero non marchamos de todo. Levámonos un anaco dese mar a cambio dunha parte de nós, que quedará para sempre ao borde deses acantilados.

Costa da Morte
Costa da Morte

Iberodocs, o festival de cine documental iberoamericano de Escocia, gracias esta vez ás gañas dun dos seus directores, o galego Xosé Ramón Rivas, trouxo a Costa da Morte a Edimburgo. A película de Lois Patiño será proxectada o venres 25, o noso día, no Filmhouse de Edimburgo. Será unha homenaxe a todos os que levamos ese mar enganchado á alma.

http://www.iberodocs.co.uk/ 

http://www.filmhousecinema.com/showing/costa-da-morte/

552139_396151673825712_999837618_n


Ana Chouciño

A distancia ás veces danos perspectiva; outras, simplemente, fainos idealizar o que botamos en falta. Escribirei desde Edimburgo, sobre Edimburgo e sobre Santiago. Contareivos como unhas cidades se inventan e outras se lembran e como ao final todo é o mesmo.

linkedin.com/in/anagonzalezchoucino

Le máis artigos de Ana Chouciño aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Ana Chouciño A distancia ás veces danos perspectiva; outras, simplemente, fainos idealizar o que botamos en falta. Escribirei desde Edimburgo, sobre Edimburgo e sobre Santiago. Contareivos como unhas cidades se inventan e outras se lembran e como ao final todo é o mesmo.