Sabes cales son as comidas tradicionais a domicilio máis demandadas en Galicia?

Glovo acaba de presentar os resultados do seu segundo estudo sobre gastronomía tradicional.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/03/2023 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

Raxo, pementos de padrón e polbo. Estas son as tres platos tradicionais máis demandados polos usuarios de Glovo. Esta tecnolóxica acaba de presentar a 2ª edición do seu estudo sobre o consumo de gastronomía tradicional española a domicilio. O Barómetro GastroEspaña lista as receitas máis consumidas polos usuarios de Glovo durante 2022 nas máis de 400 cidades do país nas que a app está dispoñible. 

Comidas tradicionais pedidas polos usuarios de Glovo no conxunto do Estado
Comidas tradicionais pedidas polos usuarios de Glovo no conxunto do Estado

O estudo revela que os galegos pediron a domicilio máis de 12.000 racións de raxo, receita popular galega que consiste en carne de lombo de porco troceada e adobada con allo. Por localidades, A Coruña, Santiago de Compostela, e Vigo, son as que máis pediron este prato tradicional. O raxo favorito dos usuarios de Glovo en Galicia sérvese en Raxaria As Neves, fundado en 1970 na Coruña, seguido pola Tita e Milongas situado en Santiago de Compostela.

Os pementos de padrón son o segundo prato do ranking en Galicia. En concreto, pedíronse un total de 3.000 unidades en 2022. Por establecementos,  o restaurante favorito dos lucenses é Fonte do Rei. En segundo lugar, o Restaurante O Cruceiro, situado en Pontevedra e recoñecido polos seus pementos de padrón recheos de carne. Cabe destacar que o 40% dos pedidos que conteñen pementos de padrón sérvense como acompañamento doutro produto, do mesmo xeito que as patacas fritas.

En terceira posición atópase o polbo á galega con máis de 2.500 pedidos desta receita tradicional, un 50% máis que en 2021. Vigo, A Coruña e Pontevedra lideran o ranking de cidades galegas co maior número de pedidos. En concreto, o polbo á galega favorito dos vigueses sérvese en casa Pepe e Lola coa súa versión máis clásica de 'polbo á feira', seguido polo da Taberna Zentola en Pontevedra.

Outro dos pratos favoritos dos galegos é a empanada galega, variedade de empanada moi popular en todo o territorio. En 2022 pedíronse máis de 1.600 unidades, un 120% máis que no exercicio anterior. Aínda que existen infinitas opcións, as variedades de empanada rechea de atún, carne e polo foron as máis demandadas polos galegos. En concreto, a empanada de carne do restaurante vigués Pollo Crujiente El Corral sitúase na primeira posición do ranking, seguida pola empanada de carne de Café Bar Isabella Café na Coruña e, en terceira posición, a empanada de carne e polo de La Patrona en Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta