ÚLTIMA HORA.- Non ó convenio da CRTVG

Finalmente, o non ó convenio colectivo da CRTVG impuxose hoxe na votación que se celebrou no Ente público. Deste xeito, os traballadores opuxeronse ó acordo que tiñan adoptado a maior parte dos sindicatos coa dirección da empresa...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 01/10/2006 | Actualizada ás 23:21

Comparte esta noticia

Aseguran que algunhas das clausulas do texto que se quería aprobar son propias do sector privado e critican que mesmo se teñan mantido certos privilexos para o comité de empresa. Hai un gran malestar entre os empregados, principalmente, entre o sector dos contratados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 107 comentarios

57 indignación

Imos ver. Parece que os sindicalistas xa están a mobilizarse polo Galicia Confidencial sacándose a careta aínda que sexa baixo seudónimo. Insultando aos contratados. Pero é incrible. Non tedes vergoña.

Punto número 1. Deixade fde falar de enchufismos porque teríades que estar alguns moi tapadiños, non vaia a ser que se vos caian os trifásicos do peto.

Punto número 2. Denusciastes a compañeiros, aos que teñen que estar do voso lado, e esperábades agora que vos apoiaran?

Punto número 3. Moitos de vos non tedes os estudos axeitados para desempregar o traballo que estades a facer -bueno iso cando traballábades, claro- e esixídeslle estudos aos que levan anos, moitos anos, traballando cóbado con cóbado ao voso carón e cumprindo dignamente co seu traballo facendo perigar así a súa estabilidade laboral.

Punto número 4. Inventádevos unhas escalas de salarios, que vendedes como revolucionarios, para os fixos da empresa. Pero resulta que hai que facer unha nova carreira para interpretar o que vos firmastes ás agochadas coa empresa nun preacordo.

Punto número 4. A CIG non quixo asinar ese preacordo ata que recibiu algunhas indicacións e logo onde dixen digo digo diego. Por que, se non estabades tan convencidos?

Punto número 5. Mirastes para outro lado co tema dos contratados, enchéstevos a boca de falar de Cortázar, pero non buscastes solución para a precariedade. É máis se tantos delictos viades na contratación dos contratados, non se supón que un dos vosos cometidos é estar vixiantes ante as tropelías da empresa? Por que non denunciastes a Cortázar?

Punto número 6. Estades a axudar coa forza que vos corresponde a tódolos compañeiros e compañeiras que estan a denunciar a empresa? Chamástelos para que recibisen todo o voso apoio ou están a facer este camiño eles soliños co risco que conleva?

Punto número 7. Por qué agora que os compañeiros das delegacións, que están a sufrir un ataque da propia empresa, que teñena intención de enviar aos contratados a traballar as produtoras non están a recibir a axeitada presión sindidcal en contra destas políticas? Unha vez máis as delegacións teñen que defenderse sos.

Punto 8. Onde está a utilidade sindical na G se o traballador lonxe de verse defendido se ve desprotexido e desamparado?

Punto número 9. Hai algunha razón pola que teñamos que sentirnos do voso lado?

Punto número 10. Por que non facedes, tanto que falades de política, non facedes progresismo intentando axustar a auténtica realidade da G e intentades solucionarlle unha papeleta de indefinición discontinua a gran maioría dos contratados e que levan o que menos máis de cinco anos esperando a saber si vai a haber estabilidade ou non co seu posto de traballo?

Hai moitas razóns queridos compañeiros detrás do NON non vos esquezades. E por certo alédome moito que os fixos estiveran no mesmo barco. Por primeira vez hai unión dentro. É un xesto a aplaudir xa que renunciaron co seu NON a un aumento de salario moi xugoso. Iso é de agradecer e de aplaudir.

Esa é a auténtica nota que hai que tomar. E por favor deixade xa de insultar aos contratados que vos están a sacar as castañas do lume moitas veces. E vos, amigos sindicalistas, a ver se vos vemos traballar dunha vez pero no voso posto de traballo. Sobre todo o digo pola Comandante que ninguén sabe nin donde ten o seu sitio. (Desto quero excluir os verdadeiros compañeiros dos sindicatos que intentaron facer ben as cousas, sinto que vos tocase vivir isto, pero en parte tamén tedes culpa por non loitar con firmeza polos DEREITOS DE TODOS, SEN EXCLUSIÓNS).

56 denunciante

Pois si nun ano a direccion ten un cabreo monumental, fainos traballar 2 anos, ou cinco, ou dez ou quince anos sen cobrar os 14 dias de xornada 24horas o mes e as fins de semana e festivos, como seria o cabreo? ou con contratos itermitentes de 15 dias ou tres meses, ou todo o que veu sufrindo calquer traballador do ente, en todalas formas ilegais de contratación que tivo?
A DIRECCIÓN QUE SE RELAXE!!!!!!!! QUE MAIS MOTIVO TEMOS OS DEMAIS.
QUE SOLUCIONEN E QUE SEXAN TAN DIALOGANTES COMO OS SEUS SUPERIORES, QUE TODOS SABEMOS FALAR E ESTES CONNOSCO NON FALARON "NEL".

55 unmais

Pensadeo ben, o unico acadado con NON a ista proposta de convenio foi retrasar 6 meses a sua aprobacion. ¿E tan dificil de comprender que a direccion non vai a dar mais do xa deu?¿Realmente creedes que porque agora entren 3 traballadore novos no comite interempresas, a direccion vai a variar a sua proposta?. O unico certo e que a partires de agora, e ata a sinatura dun novo convenio, a direccion fara "politica de empresa" ou sexa, contratara a quen lle pete e sacara as prazas que lle pete, porque a unica vinculacion que ten agora mesmo, co convenio actual denunciado, son as clausulas obligacionais, ou sexa aumento de salario identico os funcionarios da Xunta e pouco mais. Hai moito ignorante da situacion real na que nos deixa o rexeitamento do pre-acordo. Pensadeo ben, os maiores perxudicados son os contratados, porque hai 120 traballadores que dentro duns meses poderian ser fixos. A direccion non vai a mover un apice a sua proposta, entre outras cousas porque o cabreo que teñen neste momento es monumental.

54 roncha

Parece que se puxeron dacordo os aínda membros do Comité de Empresa para vir a este foro a seguir facendo o que sempre fixeron: mirar polo seu benestar intocable a cambio da explotación noxenta dos contratados.

Se aínda non hai ben un ano diciades que nós non eramos parte da empresa, que non nos representabades, que non podiades facer nada pola nosa tremenda situación laboral de anos e anos porque con Cortázar era imposible sentarse a falar de nada...só falabades do voso? falabades de futbol e do tempo? xogabades aos naipes mentres nós buscabamos debaixo das pedras avais para as nosas hipotecas e créditos e para lle dar de comer aos nosos fillos?

Si, joder, sí, é que pasou tanto tempo que moitos xa ata nos animamos a ter fillos en precario, con contratos de merda dun mes, dun día, con períodos de paro nos que non sabes ben se gañarás máis poñendo cervexas nun bar que desenvolvendo a profesión para a que estudiaches e na que tanta ilusión tiñas...joder¡

É tan difícil de entender? Coma sei ben que non sodes capaces de vos imaxinar como nos sentimos, como temos vivido todos estes anos e o que hoxe somos por culpa desta situación, vouvos dar un consello aos membros do Comité que tedes fillos: FACéDELLES ASINAR A ELES O CONVENIO QUE QUERIADES PARA NÓS, a ver que carallo vos din.

E centrade ben o tema dunha puta vez: NON QUEREMOS ENTRAR POLA PORTA DE ATRÁS...que non temos nada que agochar...en tal caso, chegados a este punto, tantos anos despois, pensamos que temos dereito (e que falen os xuíces e non vós) a ENTRAR POLA PORTA PRINCIPAL COMO SEÑORES COA LEI NA MAN e a poder camiñar pola rúa coa testa ben alta, cousa que vós non podedes, porque nós, de momento, non cometimos delicto algún...cando vós estades a prevaricar nos vosos cargos, a fode-la dignidade das centrais obreiras que representades e a fode-la vida de moitas familias galegas.

Queriamos un emprego estable, non ser fixos...agora xa non sei o que queremos: quereremos o de TVE? O da andaluza? O de TV3? Quereremos que se nos apliquen as mesmas leis? Quereremos que se nos explique por que o noso caso é distinto? Quereremos estar indefinidos coma están os dos talleres mecánicos ou os vendedores de coca-cola despois dun par de anos de traballo? Quereremos que se nos trate coma aos demais obreiros do país e que non se nos discrimine por te-la ¡sorte¡ de traballar por 900 euros nunha suposta empresa pública que case sempre funciona coma unha pura e dura empresa privada?

Estades fóra do mundo real, vellos sindicalistas. Por favor, marchade agora que se vos pedíu indirectamente no referendo. É tempo de cambios e vós non estades á altura dos tempos.

53 aurora

calma nenas, calma rapaces. Quero eleccions ó comité , quero concurso de méritos, si, o que apoiaron na tve, na tv3 e en canal sur. Si levas traballando moitos anos nesa empresa, mais de tres, coa nova reforma laboral xa es fixo, e acabóuse. Si levas 1o nin te conto.