Artigos de ediSCQ - Ana Chouciño

Unha hora menos

Hai minutos que duran séculos e anos que desaparecen ao chiscar os ollos. Entre esta rapidez irreal e a felicidade hai una relación directa: as ansias de deter o tempo aceleran o proceso, destrúen o tic-tac desesperante das horas, dos minutos, dos segundos. Convértense nunha sucesión de imaxes demasiado veloces, demasiado luminosas, que xa non existen e que quizáis nunca existiron.

Tono Carbajo. Enfrentarse ao naufraxio

Vivimos inmersos nun naufraxio, á deriva, frotando sobre táboas nas que tememos confiar. Resistimos contendo a respiración, esperando un rescate no que apenas cremos.

A Costa da Morte chega a Edimburgo

Nacer xunto ao mar é botalo en falta ata que xa non existamos. Se ademáis ese mar é o dos acantilados, o que golpea as rochas con odio acumulado durante séculos, o do vento que nos fai pechar os ollos e protexer a alma… estaremos condeados a levalo dentro e a que nos doa. Incluso cando xa non existamos.

Reconquistar a cidade

15000 palabras… Sempre fun lenta escribindo, releo, cambio comas, puntos, a orde das verbas. Gústame pulir as frases como se fosen retoques feitos cun pincel. En fin... 15000 palabras, e en inglés. Parece que doen cando as escribo, como se non quixesen sair, como se se negasen a ser parte desas frases mal escritas nun idioma que nunca será o meu.

Autorretratos para non esvaecerse

Desde que tiven a Xurxiño cada saída da casa é toda unha aventura. Se xa antes chegaba tarde a todos sitios, agora, alo menos, teño unha boa excusa. Coller a bolsa cos pañais, coa roupa para cambialo, a mantiña que me regalaron os meus amigos (os seus tíos), e que leva o seu nome escrito con lunares de cores. E o meu bolso que segue a ser o caos de sempre. Baixar os tres pisos co neno envolto en capas, mentras non deixa de mirar a luz que entra polo oco da escaleira. Que envexa que todo lle sorprenda...

Describir a luz

Souben de Pablo Gallo por unha triste noticia. O 31 de marzo faleceu Ana Santos, creadora de El Gaviero Ediciones, unha editorial nacida xunto ao mar na que as cubertas de cada libro son tan mimadas como cada unha das palabras.