Ultima hora da folga do 8 de marzo: masivas manifestacións en Galicia

Milleiros de persoas percorren as principais cidades e vilas galegas. Os folguistas sitúan nun 70% o seguimento dos paros en Galicia, mentres que a Xunta rebaixa a cifra a o 21%. Xunta e Parlamento reivindican o seu "compromiso coa igualdade".

Por Galicia Confidencial | Vigo | 08/03/2018 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

20.50. Milleiros de persoas participan nas manifestacións que están tendo lugar nas principais vilas e cidades galegas a prol da igualdade entre homes e mulleres. Os sindicatos falan de "éxito total".

Concentración en Santiago de Compostela na xornada de folga feminista do 8 de marzo
Concentración en Santiago de Compostela na xornada de folga feminista do 8 de marzo | Fonte: Sole Felloza.

20.30.  "A loita feminista é un exercicio de valentía que, lamentablemente, require mesmo maiores sacrificios no medio rural, onde todo o mundo coñécese", afirma a Federación de Mulleres Rurais. Le toda a nova.

20. 20. A alcaldesa de Rairiz de Veiga (Ourense), Asunción Morgade, do Partido Popular, secundou a folga de 24 horas, segundo defendeu "por decisión libre, a favor da igualdade". As acaldesas da  provincia protagonizaron actos de reivindicación e paros de dúas horas, entre as que destacou a de Asunción Morgade. Le toda a nova.

19.23. O seguimento dos paros polo Día internacional da muller en Galicia foi do 70% se se atende aos datos que manexan os sindicatos, pero do 21,46% segundo a Xunta. Fontes sindicais aseguran que os docentes de "moitos" dos centros de Galicia secundaron ao 100% os paros parciais. Noutros casos, as cifras que manexan roldan o 50, o 60 ou o 70%. Le toda a noticia.

19.16. Centos de persoas participaron en diversos actos de protesta en Ferrol con motivo da xornada de paro feminista que vive Galicia este xoves. A céntrica Praza da Peregrina en Pontevedra acolleu tamén este mediodía unha multitudinaria protesta feminista.

Piquete da CNT nunha tenda de ZARA, na folga feminista do 8 de marzo
Piquete da CNT nunha tenda de ZARA, na folga feminista do 8 de marzo | Fonte: CNT.

15.51. Miles de persoas saíron ás rúas das cidades galegas para lanzar unha mensaxe clara en defensa da igualdade e en contra do machismo, na xornada de paro feminista convocada en máis de 150 países de todo o mundo. En Santiago de Compostela encheron o Obradoiro. Mentres, en Lugo a manifestación tamén foi un éxito.

14.01. A Xunta e o Parlamento de Galicia celebraron senllas concentracións na mañá deste xoves para reivindicar o seu "compromiso coa igualdade" no Día Internacional da Muller, que se conmemora este 8 de marzo. Le toda a noticia.

13.58. A Unión Progresista de Fiscais (UPF) súmase ás reivindicacións do 8 de marzo, Día da Muller, pola "necesidade" da igualdade entre xéneros e para reclamar medidas para "avanzar en materia de corresponsabilidade". Le toda a noticia.

13.55. Traballadoras de grandes conserveiras como Frinsa en Ribeira e Calvo en Carballo, ambas na provincia da Coruña, secundaron os paros parciais convocados neste día internacional da muller. En Frinsa comezaron xa co paro na quenda de noite, mentres que en Calvo foi na de mediodía. En conserveiras máis pequenas, como Grupo Cerdeimar, en Camariñas, ou Conservas de Peixes A Pureza, en Cariño, os paros non foron secundados. Le toda a noticia.

11.56. "Xornada histórica". Os indicatos falan dunha "xornada histórica" nas primeiras horas da folga de mulleres en Galicia. A CUT—con Sindicato Labrego, Sindicato Ferrovial Intersindical e o Sindicato de Elevación de Galicia— convocou a folga de 24 horas. Ademais, a CNT e a CXT tamén chaman en toda España á xornada completa. Mentres, os sindicatos maioritarios —UXT, CC.OO. e CIG—- convocan paros por horas, de 00,00 a 2,00, da 12,00 a 14,00 e de 19,30 a 21,30 horas. Le toda a noticia.

11.40. Paros, piquetes e actividade desigual nas cidades galegas. En tendas do grupo Inditex producironse piquetes.

11.30. As diferenzas agudízanse entre os 26 e os 45 anos, idades coas que moitas mulleres aínda teñen que pagar unha “peaxe” por ser nais e coidar dos seus fillos. Ademais, os seus traballos son máis precarios que o dos homes. Le toda a noticia.

11.00. Xornalistas galegas “cántanlle as corenta” aos medios de comunicación pola persistencia das desigualdades. Así o destaca o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) nun comunicado no que anuncia a súa acción para este 8 de marzo co cancelo #IgualdadeDePrensa e no que denuncian a fenda salarial, a corresponsabilidade, o teito de cristal, dobre xornada, discriminación ou estereotipos. Le toda a noticia.

10.00. Este xoves, Día da Muller, está convocada unha folga feminista con paros por horas ou de 24 horas que está chamada a ser unha das máis importantes dos últimos anos. Tal e a súa importancia que a Xunta fixou os servizos mínimos para aqueles servizos considerados esenciais en sectores como sanidade, educación e transportes, entre críticas de sindicatos que os consideran abusivos. Lee toda a noticia.

09.00. As posturas diverxentes entre as formacións políticas fan que a folga deste 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, divida, aínda máis, ao partido que goberna e aos que están na oposición. En Marea, PSdeG e BNG, que apoian a folga, chaman a participar, mentres que o PP a ve como unha manifestación afastada da realidade. GC falou con representantes políticas de todos os grupos. Le toda a noticia.

0.8.30.  A boneca Barbie converteuse, nunha mostra que impulsa a Deputación de Pontevedra, nunha icona contra a desigualdade, violencia e a discriminación que sofren as mulleres. Baixo o título 'Rompe. Xoga en Igualdade', 18 paneis e vitrinas con Barbies "intervidas" denuncian a situación das mulleres. Le toda a noticia.

Concentración en Tomiño na xornada de folga feminista do 8 de marzo.
Concentración en Tomiño na xornada de folga feminista do 8 de marzo.
Concentración en Santiago de Compostela na xornada de folga feminista do 8 de marzo
Concentración en Santiago de Compostela na xornada de folga feminista do 8 de marzo | Fonte: L.M.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta