Extinguido o lume en Pantón que obrigou a cortar a circulación do tren Ourense-Monforte

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2025 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

O incendio de Pantón  declarado este xoves quedou extinguido tras queimar 0,1 hectáreas, un lume que obrigou a cortar o tren entre Monforte e Ourense. Segundo informa Medio Rural a Europa Press, o incendio, iniciado ás 13,18 horas, quedou extinguido ás 18,55 horas. Crese que se trata dunha "posible reprodución" do incendio que afectou o mes pasado a Pantón.

Zonas calcinadas polo incendio de Pontón durante a realización de labores de extinción do incendio de Pantón / Europa Press / Europa Press
Zonas calcinadas polo incendio de Pontón durante a realización de labores de extinción do incendio de Pantón / Europa Press / Europa Press

Traballaron nas tarefas de extinción un helicóptero, unha motobomba, dúas brigadas e un axente. Adif informou de que debido a que o incendio está "próximo ás vías" a circulación entre Lugo e Ourense interrompeuse para un corte da tensión en catenaria, a petición de bombeiros.

Así, Renfe programou un plan de transporte por estrada para prestar servizo aos viaxeiros de media e longa distancia afectados polo incendio. O gran incendio forestal de Pantón, declarado o 18 de setembro, quedou extinguido o 29 de setembro tras calcinar máis de 1.800 hectáreas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta