Por Galicia Confidencial | Vigo | 16/10/2017 | Actualizada ás 00:06
Os lugares nos que está decretada a Situación 2 pola proximidade do lume a núcleos de poboación elévase a 13 logo de que fora activada ao fío das 22,00 horas do domingo nos municipios de Nigrán (Pontevedra) e Lobios (Ourense). Unha situación que implica perigo inminente para as vivendas e para as persoas.
Segundo informa a Consellería do Medio Rural a través da rede social twitter, o incendio que afecta o Concello de Nigrán obrigou a desaloxar a parroquia de Parada. Así mesmo, en Lobios, tamén foi decretada a Situación 2 pola proximidade das chamas ás casas da parroquia de Araúxo.
Estes dous lugares súmanse outros 13 os concellos de Galicia nos que se activou a situación 2: Nigrán, Lobios, Cervabtesm Paderne de Allariz, Baiona, Chandrexa de Queixa, Baños de Molgas, Ponteareas, As Neves, Salvaterra de Miño, Gondomar, Cervantes e San Cristovo de Cea.
Así mesmo, efectivos da Garda Civil e a Policía Nacional desaloxaron a parte dos habitantes da poboación de Vincios, en Gondomar (Pontevedra), así como aos veciños dos núcleos de Devesa e Sobreira pola proximidade das chamas ás vivendas. Tamén os de Chandebrito, en Nigrán, foron desaloxados. Alí foi onde se atoparon dous mortes como adiantaba en exclusiva o GC.
Ademais, outros núcleos de poboación da área de Vigo tamén están a ser desaloxados pola proximidade das chamas. A residencia de estudantes do campus da Universidade de Vigo, en Beade, tamén foi evacuada por precaución, do mesmo xeito que as persoas que permanecían a última hora deste domingo no centro comercial Travesía da cidade olívica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.