A Galicia do NO-DO: gastronomía "de aceite, sal e pemento"

A antropóloga compostelá Beatriz Busto repasa nun libro a imaxe que o franquismo deu de Galicia no seu noticieiro oficial.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2021 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

A antropóloga compostelá Beatriz Busto repasa no libro 'Um país a la gallega. A Galiza no NO-DO franquista' a visión da Galicia "estereotipada" e limitada ao "tópico" gastronómico e folclrórico que debuxou o réxime a través do seu noticiario audiviosual.

A obra desta profesora de Antropoloxía Social da Facultade de Filosofía da USC profunda na imaxe que o NO-DO ofreceu de Galicia, que pasou na propaganda do regimen franquista de ser "escura e primitiva" nos anos 40 e 50 para dar paso a "outra máis moderna, yeyé, kitsch e á galega" durante os 60 e 70, tempos nos que se sucedían as imaxes de paradores e de turistas facendo ski acuático polas rías baixo con música dos Brincos.

"O franquismo e as súas institucións de estado, fixeron un uso explícito da cultura galega cun beneficio/custo non só político senón tamén cultural e social; e así o país quedou retratado como unha postal folclorista, conxelado nesa 'receita' colonial durante corenta longos anos ata hoxe", sinala a autora deste libro, editado por Através Editora.

Precisamente o título do libro é unha chiscadela a esa "idea gastronómica" dos pratos 'a la gallega', unha sorte, segundo sinala a editorial nun comunicado, de "cárcere metafórico de aceite, sal e pemento" que persiste ata a actualidade.

Portada do libro 'Um país á galega' da antropóloga Beatriz Busto. ATRAVÉS EDITORA
Portada do libro 'Um país á galega' da antropóloga Beatriz Busto. ATRAVÉS EDITORA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Lois

Máis estereotipo que o galego que queima os seus montes e bosques, facendolle o xogo a industria que trinca centos de millóns cada ano para apagar os lumes, Ese é outro No-Do.

1 Gamela

O tema da gastronomía non é asunto banal... deberamos preguntarnos onde van os nosos productos gastronómicos : de peixes e mariscos, pasando por grelos e verduras, ata froitas e fariñas... todo o que se vende nos supermercados teñen etiquetas de ben lonxe de Galicia ! Dos prezos xa nin siquera falamos, ogallá aínda poderamos repetir o eslogan da época Fraga, Para Comer, Lugo ! Pero hoxe eso de comer ben é artículo de luxo ! https://i.gal/gamela21